O BNG arrinca o compromiso de Cultura contra o peche do museo de arte contemporánea da Coruña

Olalla Rodil
Olalla Rodil

Olalla Rodil alertou da situación crítica da arte contemporánea en Galiza pola falta de apoio e as ameazas de peche das principais estruturas culturais

O BNG arrinca o compromiso de Cultura contra o peche do museo de arte contemporánea da Coruña

A deputada do BNG, Olalla Rodil afirmou que Galiza non pode permitirse perder o que representa o MAC, desde o fondo artístico a todas as iniciativas de impulso, de promoción e creación artística actual. Neste sentido, lembrou que o anunciou do peche do Museo de Arte Contemporánea da Coruña realizado por A Naturgy acendeu todas as alarmas polo que preguntou ao goberno que iniciativas emprenderá contra esta medida.

Pola súa parte, o director xeral de Políticas Culturais , Anxo Lorenzo, confirmou á parlamentaria do BNG que a Xunta súmase ao acordo da corporación da Coruña para “manter o Museo aberto e manter plenamente as súas actividades”. Ademais na súa resposta ao BNG, Lorenzo tamén avanzou que a colección permanecerá dentro do Museo.

AS BOLSAS TERÁN CONTINUIDADE

Rodil respondeu que o compromiso da Xunta proporciona “certa tranquilidade” sobre todo, dixo, “polo importante papel do MAC como núcleo irradiador para toda Galiza” polo que preguntou se dentro das previsións da Xunta figura a continuidade das bolsas, residencias artísticas, innovación e estimulo da propia creación. Nesta liña, Anxo Lorenzo manifestou a disposición da Xunta de mantelas e no caso de que o MAC deixe de encabezar estas iniciativas, explicou, a Xunta contempla que sexan asumidas polo CGAC, ou outras plataformas conxuntamente co Centro Galego de Arte Contemporánea.