O BNG apoia a mocidade nas súas reivindicacións contra a LOMCE e en defensa do ensino público galego

Manifestación en defensa do ensino  público
Manifestación en defensa do ensino público en Santiago de Compostela
  • A portavoz de educación do BNG, Olalla Rodil reclama derrogar a  LOMCE e o  Decreto do plurilinguismo e adecuar as bolsas de axudas  para @s estudantes cunha contía suficiente que cubra as súas necesidades

A portavoz de educación do BNG, Olalla Rodil participou hoxe  na manifestación convocada pola Plataforma en defensa do ensino público e dos dereitos.

A parlamentaria do BNG manifestou ante os medios de comunicación o compromiso desta forza política co ensino público galego e reivindicou a “derrogación da LOMCE e o decreto do plurilinguismo”.

Olalla Rodil reiterou que o BNG defende o ensino público e “as competencias galegas” nesta materia” así como as bolsas de axuda ao estudo cunha contía suficiente para cubrir as necesidades do estudantado ademais de ter en conta, dixo, “cunha aprobación e entrega acorde cos tempos que se manexan no estudo do noso país”, xa que na actualidade isto non acontece ao realizar os ingresos co curso avanzado.

 O BNG, recalcou a deputada, sempre estará da man das organizacións estudantís, como ERGUER e a Plataforma pola defensa do Ensino público en Galiza.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG