Parlamento Galego

O BNG apoia as demandas da plataforma Iniciativa Galega pola Memoria

Encontro Iniciativa pola Memoria
Encontro Iniciativa pola Memoria
A rede de colectivos que integra a plataforma tenta dende o ano 2007 políticas reais de recuperación da Memoria Histórica e  condena do franquismo

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas participou hoxe nunha xuntanza con membros da plataforma Iniciativa Galega pola Memoria  na que amosou o apoio do BNG  ás demandas da  entidade  que dende o ano 2007 desenvolve unha intensa actividade para a recuperación das vítimas do franquismo e contra a “impunidade” da lei de amnistía.

Pola súa parte,  Matías Rodríguez,  representante de Iniciativa Galega polo memoria, que aglutina ao un centenar de colectivos, apelou ao “consenso” das forzas políticas para instar á Xunta a executar medidas de recuperación da memoria histórica. Neste sentido, denunciou  que a Administración non está a aplicar políticas públicas e mesmo de recuperación de “lugares simbólicos” como a Illa de San Simón.

Nesta liña, o  parlamentario  Xosé luís Rivas lembrou que o BNG rexistrou diversas iniciativas no Parlamento galego para que a Illa de San Simón sexa un lugar de “recoñecemento e homenaxe das vítimas da represión franquista” e non utilizado para actividades de carácter lucrativo que oculten o que realmente aconteceu na illa durante o período franquista. É necesario, dixo, que se coñeza a verdade e se repare a memoria das  vítimas polo que  volveu a reiterar o apoio do BNG ás demandas da plataforma Iniciativa Galega pola Memoria.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG