O BNG apoia as demandas da comunidade educativa e exixe á Xunta garantías no inicio de curso

Encontro comunidade educativa
Encontro comunidade educativa
O portavoz de educación do BNG, Manu Lourenzo, acusa ao goberno de non tomar medidas durante cinco meses e  reclama “unha volta presencial e segura ás aulas”

O portavoz de educación do BNG, Manuel Lourenzo mantivo un encontro coas AMPAS, forzas sindicais e  representantes do profesorado e estudandato para avaliar a actual situación, a poucos días do comezo do curso escolar nun contexto marcado pola COVID-19.

Lourenzo trasladou á comunidade educativa o apoio do BNG as súas demandas e insistiu na necesidade de implementar medidas para garantir a volta “presencial” ás aulas  “con todas as garantías e seguridade”. Neste sentido, avogou por reducir as ratios e  garantir a seguridade entre alumnos e  criticou “a trampa da Xunta” mantendo un metro de distancia entre os eixos das cadeiras cando os sanitarios recomendan un metro entre pupitres. É preciso, contar xa “cun protocolo claro en conciso”, sentenciou.

Manu LourenzoO deputado do BNG anunciou que o grupo parlamentario nacionalistas rexistrará novas iniciativas para reclamar medidas de  seguridade nos centros escolares e  reiterou que a Xunta non pode relegar a súa responsabilidade e seguir “botando balóns fóra”, nesta liña  reivindicou un debate en profundidade  para abordar entre outros aspectos: a optimización dos actuais recursos, a redución das ratios, habilitación de espazos, reorganización de currículos e  contratación de persoal. As medidas que require a situación marcada pola Covid-19, recalcou, non poden ser “a custe cero” ni que as Ampas, profesorado e alumnado teña que elixir entre “o dereito a educación ou o dereito a saúde”.

O parlamentario reiterou a votade  do BNG de “man tendida” e colaboración para a posta en marcha de   propostas encamiñadas a unha solución nun momento crítico no inicio do curso escolar e o BNG, afirmou, estará sempre disposto a traballar nesta dirección.

Lourenzo cualificou de “despropósito” que a quince días do inicio de curso, o goberno central fixe o día 7 de setembro para trasladar ás comunidades as medidas que entrarán en vigor  a tres días  de abrir os centros escolares. A comunidade educativa, aseverou, vive unha situación de “abandono” e dende o BNG volvemos a reclamar “responsabilidade” para garantir unha volta  “presencial e segura ás aulas”.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG