O BNG alerta do traslado de bens do Pazo de Meirás a propiedades da familia Franco e pide a Xunta que interveña

Pazo de Meirás
Pazo de Meirás
Luís Bará alerta dunha operación na que participan 50 camións para o traslado de cadros, tapices e elementos da biblioteca de Pardo Bazán
O BNG alerta do traslado de bens do Pazo de Meirás a propiedades da familia Franco e pide a Xunta que interveña

O deputado do BNG, Luís Bará alerta dunha operación de mudanza na que participarían entre corenta e cincuenta camións de transporte para o traslado de números bens,cadros, tapices e elementos da biblioteca de Pardo Bazán  do Pazo de Meirás a propiedades da familia Franco.

Ante esta situación, o BNG solicita á Xunta que demande ante o xulgado medidas cautelares para garantir que non sexan trasladados bens que forman parte do patrimonio público así como a inmobilización de todos os bens de titularidade pública e froito do “espolio franquista”.

O deputado do BNG insta á Xunta a velar pola integridade e protección das esculturas do Mestre Mateo, declaradas bens de interese cultural que se atopan no Pazo de Meirás, e  reclama  a elaboración dun inventario de todos os  bens do Pazo de Meirás relacionados coa súa condición BIC.

O deputado lembra que o vindeiro 10 de decembro  debe ser executada a sentencia da devolución do Pazo de Meirás e polo tanto, a Xunta debe impedir   que a familia Franco continúe coa mudanza de bens que pertencen ao patrimonio público galego.

 

O BNG alerta do traslado de bens do Pazo de Meirás a propiedades da familia Franco e pide a Xunta que interveña