parlamento galego

BNG alerta da perda de explotacións agrarias e exixe medidas lexislativos e económicas para reverter a situación

Xosé Luís Rivas Mini
Xosé Luís Rivas Mini
Xosé Luís Rivas reproba que o Partido popular persista en defender políticas que incrementan  o  deserto poboacional,  as macro-explotacións e parques  eólicos, o deterioro Medioambiental e falta de medios para a prevención de incendios

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas (Mini) recriminou ao conselleiro de Medio Rural as políticas do PP que incrementan o deserto poboacional, as macro-explotacións e parques eólicos, o deterioro do medios ambiente e a falta de medios para a prevención de incendios.

Rivas interpelou ao titular de Medio Rural, Xosé González ante a o peche de un gran número de explotacións agrarias e a falta de medidas para reverter esta situación e  criticou que a consellería persista en utilizar un criterio  económico de macro-cifras e non ter en contra o números de familias afectadas e a actividade económica.

Nesta liña, indicou que no  ano 2022, a pesar de ser un ano bo para o sector lácteo, “pecharon 344 granxas que sumadas ás de carne suman ascenderon a   1.600”.  Dende que chegou o Partido popular á Xunta, “pasamos de 47.394 explotacións gandeiras a 27.663”. As súas políticas, retirou, o nacionalista, provocaron o abandono da actividade agrogandeira cun saldo negativo de 20.000 granxas.

Ademais, no  período 2014-2022,  en plena lexislatura do rural, “perdemos no gandeiro LÁCTEO  5.300 explotacións”.

Situación crítica para o sector

“A situación é crítica”, recalcou Rivas, os peches sextuplican as novas incorporacións. Perdemos músculo e a consellería segue  aplicando a receita das Aldeas Modelo,  “inoperantes para a recuperación  económica e poboacional”.

O PP, engadiu, continúa apostando por un  país de micro-cifras e macro-explotacións, “pola concentración de recursos e bens de produción en poucas maos mentres desertiza o territorio”.

O deputado lembrou que  as axudas pola Covid e a guerra de Ucraína marxinaron  ás  explotacións de menos de 10 vacas nutrices. Por outra banda, tras a resposta social contra os abusos da Industria co sector da carne de vacún, vostede sacou da manga aquel protocolo de dous valedores, UUAA e Juana de Vega, para tentar sacar un coello da chisteira para calmar  os ánimos pero  foi “un fiasco”, e seguen a cobrar moi por debaixo dos custos de produción. A esta situación, dixo, temos que sumar “o  desprezo manifesto á produción ecolóxica”.

Urxe poñer en marcha o Plan Integral para recuperar o rural

Si queremos mudar esta realidade, afirmou o nacionalista, urxe poñer en marcha “o Plan integral de recuperación do Rural porque a realidade o  exixe e se  queremos saír deste suicidio anunciado”. Un Plan Integral de recuperación do Rural rigoroso para pagarlle ao produtor ou produtora o que lle corresponde polo seu traballo e non recorrer “a unha axuda máis”.

Tras a resposta do conselleiro do Medio Rural que acusou a deputado do BNG de describir unha situación  que non se corresponde coa realidade, Xosé Luís Rivas replicou que a Estratexia de Dinamización do Sector Cárnico de Galicia 2022-2030 da súa Consellería, as explotacións con menos de 10 vacas nutrices non son profesionais e polo tanto están condenadas á extinción, como pensa a súa  Consellería substituír a  imprescindible xestión que fan do territorio?   Por brigadas de incendios? Que pensan facer coas máis de 10.000 familias? preguntou.

Se o poder político, responsable en gran medida desta situación, non ofrece medidas correctoras, decididas e creadoras de proxectos de vida baseados nas ofertas que o territorio dá e articuladoras de esperanzas colectivas, “o futuro do noso rural está fanado”.

“No ano  2010 tiñamos un millón de vacas e 45.000 explotacións. En 2020, co mesmo número de vacas, quince mil explotacións menos. Non lles importa a xente?”

Urxe poñer en marcha  medidas  que favorezan  os sectores produtivos con mellores prezos para os produtos agropecuarios e  contra os sectores especulativos. Mellorar as condicións sociais e os servizos no rural.

É necesario priorizar a creación de mesas de diálogo e negociación coa presenza dos axentes que interveñen nas cadeas de produción, para establecer prezos que ‘”salven os  custes de produción, aseguren ganancias e permitan un desenvolvemento económico-social dos diferentes sectores produtivos do rural”.

Planificar accións coordinadas e debidamente orzamentadas destinadas a activar zonas deprimidas, abandonadas e despoboadas que permitan o reinicio das actividades agrogandeiras que “fixen poboación, reactiven a economía e xestionen territorio coa meta posta na necesaria soberanía alimentaria”.

Rivas concluíu a súa intervención apostando polo  comercio de proximidade e a venda directa poñendo en marcha unha rede de matadoiros e Centros Comarcais de Transformación que favorezan o desenvolvemento de pequenas e medianas explotacións familiares de producións, tanto ecolóxicas coma integradas así coma o aproveitamento dos excedentes do autoconsumo.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG