O BNG afirma que o Estatuto das Electrointensivas presentado polo Goberno central é insuficiente

Olalla Rodil e Néstor Rego
Olalla Rodil e Néstor Rego

As alegacións do BNG van polo camiño de aproveitar todas as posibilidades que temos de rebaixar o prezo de enerxía, dentro do marco actual.

O BNG agarda que sexan atendidas estas alegacións e que “sexamos capaces de darlle tranquilidade a estes milleiros de traballadores e traballadoras da industria electrointensiva.

O BNG afirma que o Estatuto das Electrointensivas presentado polo Goberno central é insuficiente

O BNG presentou a través da deputada, Olalla Rodil, e o deputado no Congreso, Néstor Rego, as súas alegacións sobre o proxecto de Estatuto das Electrointensivas que publicou recentemente o Goberno central e que para o BNG “segue a ser insuficiente” e aseguran que non serve para resolver a problemática actual, concretamente, “marcado polo prezo da enerxía que ten en risco milleiros de postos de traballo”.

O BNG ve “inadmisíbel” que sendo Galiza un país exportador de enerxía eléctrica “estea en perigo o seu reducido tecido industrial”, onde gran parte desta industria forma parte de empresas electrointensivas, das cales viven directamente máis de 5.000 familias galegas. O BNG defendeu sempre que a vía para desbloquear esta problemática era un estatuto especifico para o consumidor electrointensivo pero destacan que na elaboración dese estatuto tíñase que lograr sobre todo, que “o prezo para a industria fose asumíbel, estábel e predicíbel” para permitir unha maior competitividade con outras industrias similares do ámbito da Unión Europea.

As alegacións do BNG van polo camiño de “aproveitar todas as posibilidades que temos de rebaixar o prezo de enerxía”, dentro do marco actual. Comezando polos custos que non teñen unha relación directa co sistema eléctrico que son do 85%, que se eleven até o 100%. En segundo lugar, as compensacións por CO2 que están nun 70%, que se eleven tamén até un 100%.

Destacan a demais, que é necesario, e que pode incidir no prezo final, actuar sobre as peaxes e especificamente sobre o transporte. Néstor Rego salienta que “os custos de transporte son moi inferiores”, e que Galiza está “cargando cos custos sociais e ambientais de ser produtor de enerxía, un papel que como pobo non se escolleu se non que veu dado dende Madrid”.

A bonificación do 100% do custo de transporte que propón o BNG podería ter un impacto directo duns 5 euros MW/h que sumado a ese incremento da subvención po CO2 estaríase falando dun impacto de entre 8 e 10 euros MW/h, o cal asegura o BNG, garantiría situar por debaixo dos 40€ o prezo final para a industria electrointensiva.

O BNG agarda que sexan atendidas estas alegacións e que “sexamos capaces de darlle tranquilidade a estes milleiros de traballadores e traballadoras que de forma directa está afectadas”.