O BNG advirte que as contas de Industria non crean emprego e afondan na liberalización económica

Noa Presas e Montse Prado
Noa Presas e Montse Prado

Noa Presas: “A lei de Depredación consolida a estratexia de desregulación do modelo económico que afondará na precariedade laboral”

A portavoz parlamentaria de Industria Noa Presas salientou que o BNG non pode apoiar uns orzamentos que  afondan na liberalización e no abandono da intervención pública no modelo industrial e económico do país.

 “Optan pola desregulación dos sectores produtivos e por extinguir a participación pública no modelo económico, estratexia que ten a última proba na lei de depredación de Galiza”, indicou Presas na comparecencia do conselleiro de Industria e Emprego para explicar as contas do seu departamento, unha liberalización “que conleva un modelo social e laboral que consolida a precariedade e a pobreza”.

Presas recriminoulle a Franciso Conde a “diagnose autocompracente e errada” en materia de emprego, pese a un crecemento fráxil e a costa de empeorar as condicións laborais da maioría social. Así, a redución na taxa de paro para 2018 “non responde a unha expectativa de creación de emprego neto, senón á redución da poboación activa a través da sangría da emigración, que continúa”, alegou.

“Non serven para atallar a precariedade e a pobreza estrutural”, recalcou, con recortes en partidas como a promoción de emprego, (-1,5M€), a formación profesional de persoas desempregadas, (-4,3M€) ou en promoción da economía social, (-1,3M€-).

As partidas en materia de industria, enerxía e minaría descende un  21,7% en relación ao 2017, 7M€ menos para a promoción de solo empresarial, recorte do 38% nas partidas a favor da eficiencia enerxética e das enerxías renovábeis. Ao mesmo tempo, conxelasen os recursos para o desenvolvemento empresarial, e “ausencia absoluta” de iniciativas no sector enerxético “nun contexto de novo pico de prezo da electricidade”.

As contas de Industria e Emprego para 2018 non apostan polo reequilibrio territorial e en materia de protección dos e das consumidoras o IGC segue sen persoal suficiente para atender a complexidade das reclamacións, como as derivadas das estafas bancarias.

“Estamos ante un e orzamento irresponsábel e da depredación, que consolidan a  liña de absoluta desregulación e desvinculación da administración, renunciando a intervir a para superar a precariedade que retrata un crecemento que nin é tan expansivo nin tan forte como vostedes venden”, concluíu Presas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG