parlamento galego

BNG acusa a TVG de banalizar comportamentos machistas baixo a escusa dun “suposto amor”

Olalla Rodil
Olalla Rodil

Olalla Rodil cualificou de “bochornoso, lamentable e inadmisible” o acontecido cunha espectadora do programa Land Rober 

Afirma que invadir a intimidade dunha persoa para crear contido televisivo é “Telelixo”

A deputada do BNG, Olalla Rodil preguntou ao goberno que reflexión lle merece o acontecido o pasado  8 de abril no programa Land Rober. A parlamentaria cualificou de “bochornoso, lamentable e inadmisible” a utilización dunha espectadora  nun dos programas “estrela” da TVG.

Rodil explicou que durante o programa, a vida privada dunha persoa anónima quedou ao descuberto sen contar co seu consentimento e utilizándoa  de “cebo” durante todo o programa até que rematou chorando. A deputada asegurou que este proceder responde a falta de “perspectiva de xénero” e ética profesional ademais  dunha  “a banalización de comportamentos machistas, baixo a escusa dun suposto amor que non é tal”.

O que aconteceu no programa Landa Rober, é gravísimo. Seríao en calquera  medio de comunicación pero aínda máis “nunha televisión pública que pagamos todas as galegas e galegos”, dixo Rodil dirixíndose á conselleira de Igualdade, María Xesús Lorenzana.

Este país, explicou,  non inviste máis de 100 millóns de euros ao ano para financiar “telelixo” porque invadir a intimidade dunha persoa para crear contido é “TELELIXO”, e falar do “dereito dun home a recuperar a súa namorada” é machismo, e presionar a unha muller para que acepte ver a quen non quere, “é machismo”. O programa, Land Rober  e a TVG incumpriron  as recomendacións do Consello de Administración da CRTVG, as leis de igualdade e os códigos deontolóxicos ca profesión, remarcou.

Rodil indicou que o acontecido no programa da TVG vai na liña dos incumprimentos da propia CRTVG cun “director elixido a dedo”, negando

dereitos fundamentais aos, como o Estatuto profesional e o Consello de informativos, sen plan de igualdade como  esixe a lei de igualdade no traballo, situación que tamén se reproduce na propia Xunta.

Para a deputada, “non chega con pedir perdón”, o acontecido non pode pasar como unha anécdota máis porque é “un síntoma” da deriva na que está instalada a CRTVG. Cómpre unha reflexión profunda como pediron dende o Colexio de Xornalistas  de Galiza, o   Comité Intercentros e plataforma,  Defende a Galega.

Mediasetización dos medios públicos

Tras a resposta da conselleira que insistiu “no desacertado” do programa, a  deputada do BNG negou que “fora un erro”. Ao seu xuízo é “un síntoma de que algo vai mal” porque utiliza  a vida social e intima  das persoas para xerar contido televisivo. A CRTVG está instalada nun proceso de “mediasetización”, dos medios audiovisuais públicos galegos.

O programa, engadiu, non era en directo, foi gravado e editado para evitar a emisión  das imaxes de  como señor entraba en plató despois de presionar a unha persoa que non sabía nin dera o seu consentimento.

O Partido popular xa  leva doce anos gobernando e  sabe que hai  cuestións que non se poden repetir, sobre todo cando afectan  á intimidade e respecto  das persoas, concluíu.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG