Luís Bará acusa ao PP de trato de favor a Elnosa contra os intereses públicos de Pontevedra

Luís Bará
Luís Bará

No debate da proposición non de lei sobre as actuacións do goberno en relación a actividade de Elnosa, en Lourizán na  ría de Pontevedra, defendida hoxe polo BNG,  o deputado Luís Bará acusou ao portavoz popular, Jacobo Moreira de “mentir” cando defendía os interese de Pontevedra fronte a Elnosa como tamén fixera o propio Feixóo no ano 2009  ate que “o goberno do Estado decidiu cambiar a Lei e concederlle a unha prorroga que  vostedes, dixo,  de “maneira submisa e servil”, aceptaron sen rechistar.

O parlamentario nacionalista cualificou de “traizón a Pontevedra” a actitude do PP, actitude pola que, na súa opinión,  debían pedir perdón “polo papelón  e por todas as mentiras e trampas que fixeron” e ademais, escudáronse nun Consello de Ministros para conceder a prorroga  cun “goberno en funcións”.

Pola súa parte, o deputado e concelleiro do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira xustificou a actividade de Elnosa en aras do mantemento do emprego ao que o nacionalista replicou que o “BNG, defende e impulsa os postos de traballo en todos os lugares” pero sobre todo a “compatibilidade do emprego co medio ambiente”, coas rías e o interese  terreos públicos pero nunca, “os tratos de favor”. Neste sentido, denunciou as prorrogas a empresas que ocupan dende hai anos “terreos públicos gratis” na ría de Pontevedra.

O BNG,  onde teña algunha responsabilidade política, remarcou Bará,  non permitirá que se perpetre o “asalto contra o interese público, a infamia, a vergoña e o trato de favor” como o que lle está dando o Partido popular a estas empresas en terreos públicos na ría de Pontevedra.

O nacionalista reclamou cumprir e facer cumprir o protocolo subscrito no ano 2013 pola Consellaría de Medio Ambiente coa empresa ELNOSA, no que esta se comprometía a iniciar o proceso para o cesamento ordenado e progresivo da súa actividade de produción na súa actual ubicación en Lourizán, a partir do 31 de decembro de 2016 así como  cesar efectivamente a produción de cloro líquido con data 31 de agosto de 2107, e a produción de ácido clorhídrico e hipoclorito sódico o día 31 de outubro de 2017. Por último demandou, en consonancia co argumentado na súa intervención,  “denegar a revisión da Autorización Ambiental Integrada, a tramitación dun proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e informar negativamente sobre a prórroga da concesión.”

A proposición non de lei do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG