O BNG acusa ao goberno de non tomar medidas para evitar o abandono de terras agrarias

Fincas abandonadas
Fincas abandonadas

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas preguntou hoxe  á conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez porqué non se tomaron medidas co Banco de Terras de Galiza  para que as terras que abandonan a actividade agrogandaría poidan manterse activas  a través de arrendamento.

O deputado afirmou que  datos oficiais da Seguridade Social Social reflicten  unha diminución de afiliados no sector da  Agricultura e Gandería e  “424 explotacións lácteas galegas pecharon por inviabilidade”. Sen embargo, a consellería, dixo Rivas,  segue  lanzando a mensaxe  de que “todo vai ben e aquí non pasa nada”.

O noso sector lácteo explicou ,  é dependente dos insumos esóxenos e ten neles a súa maior debilidade. É certo, dixo, que tivemos un respiro, relativo, de 2 anos nos que os  prezos dos insumos non flutuaron lesivamente. Neste tempo, a súa consellería tiña que contemplar   medidas correctoras encamiñadas a fortalecer o sector para preparalo ante futuras eventualidades. Pero non o fixeron porque “nin queren nin saben”.

O nacionalista asegurou que un sector que non incorpora  terras agrarias en abandono á actividade agrogandeira  é un sector que ten o  “futuro no fío da coitela”. Un sector que, usando unha base territorial privilexiada en Europa, non xoga nos mercados a estratexia da calidade tendo sobradas condicións, “é un sector que se suicida”.

Para o deputado, a dotación de medios do Banco de Terras  “é irrisoria”, nútrese das doazóns das concentracións parcelarias e pouco máis. Por non ter, non ten nin orzamento,  “87.000eur”. O Banco de terras non conta con  equipos que apoien o traballo de campo,  falar coa xente ou  xestionar “in situ” os alugueres das fincas. “As Oficinas Agrarias desmanteladas” recalcou.

Que vai ser desas máis de 150.000Has agrarias abandonadas? Teñen previsto a súa forestación para o novo Plan Forestal? preguntou o deputado.

Trala resposta da conselleira, o deputado replicou que o Partido Popular non perdoa que o BNG no  goberno bipartito tivera un “proxecto coherente” e reclamou tomar medidas para recuperar “base territorial para as  explotacións lácteas   e agrarias”. 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG