parlamento galego

BNG acusa ao goberno de incumprir o Plan de Igualdade durante 14 anos

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas  cualifica de “cosmética” a política da Xunta, en materia de Igualdade, e pide elaborar un estudo do valor económico do traballo doméstico en Galiza sobre todo, nun contexto de pandemia

A deputada do BNG, Noa Presas instou ao Goberno galego, a través dunha pregunta, a elaborar un estudo do  actual valor económico do traballo doméstico en Galiza, situado no  50% do PIB segundo a última medición (Conta Satélite) publicada no ano 2013 respecto do ano 2010 e con base no 2008.

A parlamentaria do BNG acusou ao goberno de incumprir o Plan de Igualdade, durante 14 anos e a súa negociación na propia administración galega, así como a falta dun rexistro de familias monoparentais e as axudas prometidas polo propio Feixóo no tramo autonómico da renda.

Na súa intervención recalcou que a Xunta non cumpre  a lei en “materia de Igualdade para a visibilización das actividades feminizadas” polo que avogou por un estudo   do valor económico do traballo doméstico  para marcar as liñas ademais de amosar unha realidade actual  e as súas  necesidades.

A parlamentaria insistiu en que é preciso coñecer esta realidade para medir  o que supón para o PIB “o traballo doméstico realizado maioritariamente por mulleres” sen recoñecemento económico nin social porque esta actividade  reporta máis que o “Xacobeo ou as industrias máis importantes de Galiza”.

O Goberno leva 14 anos sen cumprir o Plan de Igualdade

Tras a intervención da directora Xeral de Relacións Laborais, a nacionalista lamentou a resposta “escápista” de Elena Mancha aludindo ao Plan de Igualdade cando en realidade, respondeu a deputada do BNG, “non o están a cumprir nin sequera na súa propia administración”, dende hai 14 anos.

Para Noa Presas, o goberno galego está instalado na “comodidade” de non  medir nin cuantificar a aportación  do traballo doméstico á economía galega e mesmo “incumpren a lei” en materia de igualdade no artigo 29 sobre visibilización e actividades feminizadas no que atinxe a obriga da “consellería de Igualdade e traballo para elaborar unha Conta satélite co fin de  cuantificar o valor do traballo doméstico  de coidados  e comunitario realizado por mulleres e homes e darlle  a esta  cuantificación económica publicidade social”. Temos un Instituto galego de Estatística  que podería asumir estes resultados e coa colaboración das universidades e o CES a Xunta podería elaborar unhas conclusións para establecer as liñas futuras  liñas de actuacións.

Estamos, dixo, ante unha crise  económica que vai castigar gravemente ás mulleres e a resposta da directora Xeral de Relacións laborais é unha nova “escusa” para non elaborar o estudo que reclamos por considerar que as estatísticas non mudan a realidade. Evidentemente, recalcou a nacionalista non mudan a realidade pero serven para coñecela e establecer as futuras liñas de actuación.

“Antes da COVID necesitabamos saber máis sobre canto vale o traballo doméstico para soster a economía galega. Hoxe máis aínda, porque a administración debe usar as ferramentas que ten para coñecer a realidade e para actuar sobre ela”, recalcou

Neste contexto, as   familias monoparentais teñen un extra de dificultades para a conciliación pola pandemia  e neste ámbito,  o BNG presentou no Parlamento galego  diversas propostas que vostedes, unha vez máis, “vetaron”, concluíu.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG