PARLAMENTO GALEGO

O BNG acada un acordo por unanimidade para que a Xunta medie na crise de Muebles Hermida

Olalla Rodil
Olalla Rodil
Olalla Rodil valora o acordo e afirma que a actividade da empresa resulta fundamental para o concello de Lourenzá e tamén para o conxunto da comarca de A Mariña
O BNG acada un acordo por unanimidade para que a Xunta medie na crise de Muebles Hermida

O BNG acadou hoxe un “acordo por unanimidade” para que o Parlamento galego inste a Xunta de Galiza a tomar as medidas necesarias co fin de garantir a actividade da empresa Muebles Hermida e o mantemento dos postos de traballo.

A deputada do BNG, Olalla Rodil amosou a súa satisfacción por un acordo que afecta ao concello de Lourenzá e a actividade económica do conxunto da comarca da Mariña e  anunciou que o BNG seguirá “moi de cerca” o seu cumprimento  porque a empresa está a piques de entrar en concurso de acredores e o persoal deixou de percibir o seu salario dende hai catro meses e precisase unha solución urxente.

Recentemente, e en sesión extraordinaria, o pleno municipal de Lourenzá aprobou por unanimidade unha iniciativa que demanda a mediación das administración públicas, nomeadamente da Xunta de Galiza, na procura dunha solución. Cómpre lembrar que Muebles Hermida conta con 97 traballadoras e traballadores e  que sitúa á empresa como un dos principais centros de traballo da zona.