parlamento galego

BNG acada un acordo unánime para que a Xunta demande ante o Estado e a UE “excluír” do novo Regulamento de Control europeo ao sector marisqueo

Rosana Pérez
Rosana Pérez

Rosana Pérez salientou a “excepcionalidade” da actividade marisqueira  galega sometida a controis regulados e cunha singularidade que a UE descoñece á hora de lexislar

Anuncia un paro da flota marisqueira galega o vindeiro 14 de maio para defender a súa exclusión do novo Regulamento de Control europeo

A portavoz de pesca do BNG, Rosana Pérez  defendeu unha proposición non de lei instando á Xunta a demandar do Estado español e da UE “excluír a actividade marisqueira” do  novo Regulamento de Control da Unión europea. A proposta nacionalista foi aprobada por unanimidade na Cámara galega.

Na súa intervención, a  deputada salientou que  Unión Europea “lexisla sen coñecer a realidade da flota galega e concretamente as características singulares do sector marisqueiro”. Neste sentido, afirmou que actividade marisqueira “xa está regulada” e non precisa máis medidas de control  por parte doutras administracións. A deputada anunciou que o vindeiro día 14 o sector marisqueiro participará nun paro da actividade para reivindicar a súa exclusión do nova normativa europea de control.

Ademais, dixo o sector  da pesca artesanal  está  suxeita a cotas máximas de capturas, puntos de control e vixilancia dos bancos marisqueiros. Os bancos marisqueiros están delimitados por especie e son sometidos a controis científicos, polo tanto,  é un sector que conta con medidas de “supervisión, inspección e vixilancia que garanten a súa sostibilidade e non precisa incrementar os controis”.

As propias confrarías, engadiu a parlamentaria do BNG,  manifestaron o seu desacordo ante un novo Regulamento de control europeo que cualifican de “absurdo” e critican que a UE non  impulse máis axudas pero  incremente  controis innecesarios. A actividade do marisqueiro está dentro das actividades artesanais, explicou Rosana Pérez e conta con máis de catro mil barcos en Galiza con actividade dentro das rías e sen dispositivos eléctricos ademais do marisqueo a pe. Nesta liña, instou á Xunta  a exercer as súas competencias nesta materia, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG