BNG acada un acordo unánime para iniciar o establecemento dos coeficientes redutores da idade de xubilación do colectivo de observadores e colectivos que dependan da Consellería do Mar

Rosana Pérez
Rosana Pérez
Rosana Pérez lembrou que este colectivo desenvolve o seu traballo a bordo dos barcos dedicados á pesca de diferentes artes velando polos  controis de medicións,  tempo de travesía, estado dos aparellos e horas de calado e virado

A través dunha proposición non de lei,  defendida pola portavoz de pesca do BNG, Rosana Pérez, o BNG acadou un acordo unánime para : “levar  acabo as accións necesarias que permitan iniciar o procedemento para o establecemento dos coeficientes redutores da idade de xubilación do colectivo de observadores e outros colectivos que dependen da Consellería do Mar”, e en segundo lugar, “ instar á Xunta a dirixirse ao goberno de España para iniciar o proceso de revisión dos coeficientes redutores dos traballadores e traballadoras do mar, adecuando os mesmos ás circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo Pesqueira e acuícola.

Para a parlamentaria, este acordo  é “un primeiro chanzo” dunha vella reivindicación do colectivo a pesar de que a lexislación actual de seguridade social establece que o procedemento para establecer os coeficientes redutores na idade de xubilación, no caso do persoal pertencente   ás administracións públicas debe ser á iniciativa conxunta entre as formacións sindicais máis representativas e a administración da que dependa o colectivo.

Os observadores ou mostradores da propia Consellería do Mar,  explicou a portavoz de pesca nacionalista, embarcan en calquera punto da costa galega para desenvolver as súas funcións e con disponibilidade absoluta dependendo do horario do porto de saída. Estes embarques en buques profesionais e de propiedade privada cunha xornada que depende do tipo de barco e da pesca que pode abranguer entre 3 e 16 horas, pode  realizarse de día ou de noite e supeditados ás condicións meteorolóxicas. Polo tanto, considerou a parlamentaria do BNG que están sometidos ás mesmas condicións laborais dentro do réxime especial  do mar pero non se lles aplica a “idade de xubilación establecida pola lei” que na súa opinión “representa unha discriminación”.

Por esta razón, dixo, desde o BNG mantivemos na nosa autoemenda o primeiro punto por entender que se pode iniciar o proceso  como recolle a administración ao que sumou a lexislación de seguridade social que permite a Xunta iniciar o trámite conxuntamente coas organizacións sindicais máis representativas. A  maiores, puntualizou a deputada do BNG, a lexislación de pesca que na actualidade está a exposición pública e recollendo “algúns cambios” a respecto de determinados colectivos do mar, pode introducir esta demanda.

Rosana Pérez amosou o seu apoio a que todos e todas as traballadoras do mar en circunstancias “gravosas, penosas, perigosas ou de outra índole” como recolle a propia administración ”, conten coa posibilidade dos coeficientes redutores á hora de abordar a idade de xubilación.

Dende o BNG, afirmou, entendemos que as distintas petición non son incompatibles como xa defendemos no caso dos garda costas e outros colectivos.

A deputada considerou que o apoio das forzas políticas no Congreso reforzaría en grande medida o acordo do Parlamento galego e de aí a súa insistencia para que “todo o persoal de mar” poda verse reflectido no contido deste acordo.

A parlamentaria do BNG solicitou tamén o apoio dos grupos do PP e PSOE para presentar as emendas  que consideren ao proxecto da lei de pesca para que todos os traballadores do mar, sexan ou non da administración, teñan os “mesmos dereitos”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG