BNG acada un acordo unánime para executar os programas e orzamentos europeos destinados a desenvolver o medio rural

Carme Aira
Carme Aira
Carme Aira lembrou a baixa execución dos distintos programas  e pediu ao goberno “axilidade e dotar de medios materiais e humanos” a xestión dos fondos
BNG acada un acordo unánime para executar os programas e orzamentos europeos destinados a desenvolver o medio rural

A deputada do BNG, Carme Aira  defendeu unha proposta na Comisión de Agricultura reclamando a execución total  do orzamento e programas destinados ao desenvolvemento rural con fondos europeos. A proposición non de lei nacionalista acadou o apoio unánime da comisión celebrada no Parlamento galego.

Na defensa da iniciativa, Aira lembrou que no programa rural 2007-2013 quedou sen executar un 5%, 55.946.377 millóns de euros, unha cifra que se elevaría a 74.000.000M€ se as fondos europeos se sumaran o que lle correspondería financiar ao Ministerio e a Xunta de Galiza.

Por outra banda, o programa 2014-2020l tamén experimentou  “unha minúscula execución”, con medidas executadas no 3%nunha das medidas só o 3%. En opinión da deputada, a lentitude para executar os orzamentos responde á  “falta de axilidade e compromiso político e a falta de medios materiais e persoal para xestionalo”.

A nacionalista insistiu na necesidade de impulsar o medio rural para “subsistir” dignamente e acadar as melloras necesarias  para a súa consideración social  polo que preguntou que interese move ao goberno galego  para deixar sen executar os programas e orzamento do desenvolvemento rural e a falta dunha  avaliación do goberno sobre a mínima execución dos fondos PDR. Cal é o criterio utilizado  para baleirar de contido as submedidas nas que a execución é mínima ou de cero euros? preguntou.

En resposta á intervención da portavoz popular, Elena Candía, a nacionalista,  Carme Aira criticou algunhas das iniciativas do PP en lugares con reducida poboación cando en “moitos sitios do rural” dixo a deputada, resulta imposible acceder á rede. “Esta ben gastar os cartos pero hai que gastalos ben”, recalcou.

O investimento dos fondos, afirmou  é “o afortalamento no medio rural en todas as súas dimensións”, como, fixar poboación, xente nova , novas empresas, dotación de servizos e sobre todo ofrecer “futuro” ao medio rural. Sobre as partidas executadas destacou a prevención de incendios coa “parte máis golosa” dos PDR, sen embargo continúan a producirse un gran número de incendios. “Quizás sería razoable realizar unha avaliación para constatar a eficacia do investido nalgunhas medidas”, suxeriu.

Ademais descoñecemos si as persoas novas que se incorporan manteñen o emprendemento ou cantas delas víronse obrigadas a renunciar ou devolver as axudas por non cumprir as bases das convocatorias. Aira avogou por atender as demandas cara o período 21-23, situando as necesidades do desenvolvemento rural nun conxunto cohesionado e contextualizado.

Finalmente, a deputada agradeceu o apoio  unánime da comisión de Agricultura á iniciativa nacionalista e avogou por continuar na senda de potenciar o medio rural con medidas eficaces e que permitan mellorar as condicións de vida das persoas que viven nel e as que decidan facelo nun futuro.
BNG acada un acordo unánime para executar os programas e orzamentos europeos destinados a desenvolver o medio rural