BNG acada un acordo unánime para ampliar e reforzar a rede galega de atención temperá

Olalla Rodil
Olalla Rodil
Olalla Rodil celebrou o acordo, proposto polo BNG, na comisión de sanidade  para que todos os nenos e nenas de até 6 anos poidan recibir as terapias necesarias

A proposición non de lei defendida pola deputada do BNG, Olalla Rodil relativa á atención temperá, acadou un acordo unánime na Comisión de Sanidade para instar á Xunta a “reforzar e ampliar a rede galega de atención tempera, dotándoa dos recursos necesarios co obxectivo de que todos os nenos e nenas de até 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento poidan recibir as terapias que precisen. Para tal fin ,este fortalecemento da rede galega de atención tempera deberá estar debidamente orzamentado e calendarizado”.

Rodil celebrou o acordo parlamentario “en toda a súa extensión” e de maneira especial no referido a garantir a atención tempera para todos os nenos e nenas galegas de 0 a 6 anos que o precisen porque todos os tratamentos e terapias, dixo, son necesarias para “mellorar a súa calidade de vida”.

O BNG este ano, explicou a deputada, non presentou unha emenda ao orzamento deste programa  para a transferencia aos concellos para soster o mantemento da atención tempera  porque xa hai un incremento de 2,7M€ a respecto do ano pasado  e lembrou que o Partido popular rexeitou no ano 2021 a proposta do BNG para un incremento  de 1,8 Millóns de euros. Dende o BNG,  presentamos esa emenda non 2021 por mor das consecuencias da pandemia e  para recompoñer este servizo.

Rodil reiterou que o acordo acadado hoxe reforzará a rede de atención temperá con dotación para que os nenos e nenas reciban as terapias que precisen.

Na súa intervención, a  nacionalista remarcou que é necesario repensar a propia rede e o seu mantemento que na actualidade sustentase a través de subvencións nunha  parte, e o  80%  financiada co Fondo social europeo como achegas ás corporacións municipais pero non supón que a Xunta financie o cen por cen do custe total da creación destas unidades como acontece na comarca de Verín con 51.000 euros a cargo dos concellos que integran a mancomunidade e o 60% do custe asumido exclusivamente polo concello de Verín.

O feito das achegas aos concellos provocan que moitos deles teñan dificultades para a súa tramitación e manter aberto todo o ano polo que considerou que  tamén debe ser “revisada  esta financiación” e apelou ao compromiso da Xunta para colaborar nunha función que está nas mans dos concellos e que non lles corresponde.

Finalmente, a deputada tamén lembrou que moitos dos nenos e nenas con trastorno non rematan a súa atención e tratamento aos 6 anos e quen “ten cartos pode seguir pagando pero hai moitas familias ás que lles resulta imposible continuar con esta atención” de aí a urxencia de ampliar a idade, como  mínimo até os 12 anos.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG