O BNG acada un acordo para dotar dun novo posto de control para as mariscadoras da ría do Burgo

Xosé Luís Rivas "Mini"
Xosé Luís Rivas "Mini"

A propostas defendida polo deputado, Xosé Luís Rivas incluía a mediación do goberno galego cos concellos de Oleiros e Coruña ou Demarcación de Costas para a obtención dun espazo físico dende ubicalo e dar  resposta ás demandas das mariscadoras

O BNG acadou hoxe un acordo no Parlamento galego  para que os mariscadores e mariscadoras da Ría do Burgo conten cun posto de control que reúna as condicións esixibles  para  a pesaxe do produto extraído. Ademais o posto de control debe ser   dotado de auga e luz co fin de poder asearse e unha mínima infraestrutura informática.

O parlamentario do BNG, Xosé Luís Rivas explicou que o actual posto de control é utilizado polos mariscadores e mariscadoras grazas a un “préstamo da empresa COPIGAL” pero non conta  coas condicións necesarias para poder  cambiarse de roupa “nin lavar as mans” por carecer de auga e luz.  

Na súa intervención, Rivas explicou que a Ría do Burgo pasou en poucos decenios de dar traballo a máis de 2.000 mariscadores e mariscadoras a 200 que na actualidade deben  enfrontarse ao  “deterioro progresivo” do medio só rico, ironizou, en “promesas políticas, cinismo  e vergoña”. 

O deputado do BNG remarcou que as actuais condicións de traballo resultan “inaceptables” xa que a base de operacións, o posto  de control local onde se selecciona e criba o marisco para a súa pesaxe e posterior depuración, é o lugar no que deben cambiarse os mariscadores e mariscadoras situado á beira da Ponte Pasaxe. Neste posto de control, “pasan frío, non hai electricidade, a construción é de ladrillo e non contan con luz, carencia que  que suplen cun xerador como o utilzado por vendedores ambulantes nas feiras.

Tras a votación, o deputado nacionalista asegurou que a pesar de non prosperar todas as reclamacións incluídas na iniciativa do BNG, o acordo para que os mariscadores e mariscadoras da Ría do Burgo conten cun posto  de control, “cunhas mínimas condicións” resulta “un paso adiante” que sen dúbida beneficiará a este colectivo.

O BNG, anunciou Rivas, estará vixiante para que se cumpra, “ o antes posible” o acordo parlamentario acadado hoxe na Comisión de Pesca.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG