O BNG abrirá o debate sobre un novo marco institucional para Galiza no vindeiro pleno do Parlamento

Ana Pontón
Ana Pontón

Ana Pontón: "Queremos debater sobre  as consecuencias da crise do réxime e as políticas  recentralizadoras"

Ana Pontón anunciou que na vindeira sesión plenaria proporá, a través dunha proposición non de lei,  constituír  unha ponencia co fin de abordar,  con todos os grupos parlamentarios un “espazo de análise  do actual marco institucional”.

Queremos debater sobre  as consecuencias da crise do réxime e as políticas  recentralizadoras que “fixeron saltar polos aires unha autonomía, ca dabondo autoanémica”. Consideramos que a ponencia debe abordar dous obxectivos: “a  posición de Galiza no marco institucional actual e unha proposta de novo status de Galiza como nación”.

Galiza precisa  contar con máis ferramentas para construír un país mellor, con máis oportunidade e un maior número de servizos e agardo, dixo, que o Partido popular non sexa un freo nin un tapón para este debate porque Galiza “non pode ser espectadora, debe ter a súa propia proposta para reclamar poder político real e autogoberno para enfrontarnos a emigración, a precariedade laboral e a pobreza enerxética”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG