O BNG abandona o pleno en protesta pola pinza PP, En Marea, PSOE para excluílo da defensa lei da AP-9

BNG abandona Pleno
BNG abandona Pleno

Ana Pontón: “Asumen a defensa grupos que vetaron o debate, que subiron as peaxes ou que son incapaces de vincular o rescate da AP-9 o seu apoio aos orzamentos do Estado

A democracia é moito máis que aritmética, debe ter principios, alegou

O grupo parlamentario do BNG abandonou o Pleno en protesta polo pacto entre PP, En Marea e PSOE para excluír á forza nacionalista da defensa no Congreso da Lei de transferencia e rescate da AP-9, aprobada pola Cámara galega en marzo de 2016, pese a ser o impulsor e redactor do texto lexislativo.

É unha pinza que nós exclúe da defensa dunha lei escrita polo BNG desde a primeira a última liña”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón, “despois de dar unha intensa batalla política para que sortease todas as dificultades que se foron dando e o fixemos con moitísima xenerosidade ao longo dos anos”.

Antes da votación para re-elixir ás tres persoas que irán á Cámara baixa, a líder do Bloque tomou a palabra para explicar a posición nacionalista. “O que se vai producir non é presentable en termos éticos e democráticos e deixa a este Parlamento en moi mal lugar, entre outras cuestións porque van ir defender a lei grupos que non creen nela”, argumentou, “como teñen manifestado ao longo das últimas semanas”.

En concreto, Pontón criticou que van defender a lei “grupos que estiveron vetando o debate, grupos que estiveron subindo as peaxes e outros que nin tan sequera son capaces de condicionar o seu apoio aos orzamentos do Estado a que se produza o rescate da AP-9”.

BNG abandona Pleno

Non é presentable que se exclúa ao grupo que escribiu a lei, por iso imos abandonar o Pleno para non participar nunha votación que nos parece unha estafa porque a democracia é moito máis que aritmética e sen principio éticos estamos dando un mal exemplo á cidadanía”, concluíu.

PP, En Marea e PSOE pactaron cambiar a delegación que irá á Cámara baixa a defender a Lei de transferencia da titularidade e competencias da AP aprobaba o 15 de marzo ce 2016, data na que o Parlamento tamén designou ás persoas encargadas de defender a posición de Galiza en representación do PP, PSOE e BNG.

Nomeamentos que agora se mudan sen que haxa no regulamento da Cámara galega nada que obrigue a facelo e tampouco se sostén o argumento da aritmética parlamentaria porque, nese caso, o PP podería designar dous dos tres representantes. O BNG propuxo en varias ocasións un pacto para garantir que o grupo propoñente dunha lei figure sempre na delegación que deba ir defendela ante o Congreso.

Salientar que o Parlamento ten aprobadas tres leis reclamando a transferencia da AP-9. A primeira de 2016 é a que en breve será debatida no Congreso despois de que o Goberno de Sánchez mudase o criterio respecto á tramitación da lei antes vetada polo Goberno de Raxoi. Precisamente, en aras de sortear eses vetos do PP e para evitar que quedase esquecida no caixón, aprobáronse outros dous textos, en 2017 e en 2018.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG