Bará advirte que no comezo de curso aumentarán os problemas polo novo plan de transporte público da Xunta

Luís Bará, deputado do BNG
Luís Bará, deputado do BNG

O parlamentario critica a nova directriz do Goberno galego que permite a acompañantes e condutores/as vetar a entrada de persoas adultas no transporte público compartido con escolares 

 

O deputado do BNG, Luís Bará puxo hoxe novamente de manifesto  os problemas detectados  tras a aplicación do novo plan de transporte público da Xunta de Galiza   e alertou do incremento desta problemática ante o comezo do curso escolar no mes de setembro.

Adeamais criticou a directriz da Xunta que permite a acompañantes de escolares e condutores vetar a entrada nos buses de persoas adultas que supoñan un risco. Non queremos ser alarmistas, recalcou Bará pero consideramos que estás persoas deben contar cun certificado que confirme non estar afectado por algún tipo de delito, sexual ou doutro tipo porque estamos falando de poboación menor e tamén nos gustaría saber con que criterio vetarán a entrada de adultos aos buses. É “un despropósito” que desapareza o transporte escolar, remarcou.

En rolda de prensa o nacionalista tamén aludiu “ao aluvión” de queixas tras a posta en marcha do novo plan de transporte público, “2.000 sinaturas en Vilaboa e 500 en Moaña” confirman  os problemas detectados polas persoas usuarias e concellos de distintas comarcas galegas. Nos concellos, afirmou, comprobaron que se produciu “un empeoramento” do servizo con  relación ao anterior tanto en  horarios como en rutas.

Bará preguntou se a Xunta ten previsto parar os contratos das empresas de transporte por valor de 800 mil euros despois das deficiencias producidas estas semanas e avanzou que o BNG presentará unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar información dos expedientes nos que na súa opinión, non se produciu o “rigor e transparencia” nin o diálogo e participación nun proceso destas características. Se é necesario, dixo, “iremos á consellería a reclamar esa documentación”.

O novo plan de transporte público tamén incide na “perda de emprego e precariedade” na medida en que moitos contratos a tempo completo convertéronse en contratos a tempo parcial así como problemas coa subrogación de persoal  que debe ser asumida polas empresas beneficiarias do novo plan de transporte público.

O BNG cualifica de “chapuza” e responsabiliza á Consellería  de Infraestruturas e Vivenda do que está ocorrendo co transporte público.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG