Aprobada por unanimidade a proposta do BNG para a elaborar un plan de arquivos con perspectiva de xénero

Olalla Rodil
Olalla Rodil

A Proposición non de lei nacionalista quere rematar co desleixo da Xunta en materia de arquivos e documentos e incorporar o enfoque feminista na xestión e difusión da memoria arquivística galega.

Aprobada por unanimidade a proposta do BNG para a elaborar un plan de arquivos con perspectiva de xénero

A proposición non de lei defendida pola deputada do BNG, Olalla Rodil para elaborar un Plan de Arquivos con perspectiva de xénero, foi aprobada hoxe no Parlamento galego por unanimidade.

O 9 de xuño conmemórase o Día Internacional dos Arquivos e  coincidindo con esta data a deputada do BNG, Olalla Rodil, defendeu na Comisión de Cultura do Parlamento una iniciativa pola que  insta á Xunta de Galiza a aprobar “canto antes”  o Plan de arquivos previsto na Lei 7/2014 “incluíndo a perspectiva de xénero de maneira transversal”.

A Proposición non de lei foi aprobada por unanimidade cunha emenda do Partido Popular.

Na súa intervención, Rodil lembrou o “incumprimento flagrante” por parte da Xunta de Galiza da Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galiza pois esta prevía a aprobación do devandito plan un ano despois da súa entrada en vigor e aquí estamos, dixo “cinco anos despois sen que se teña cumprido”.

Unha ferramenta, sinalou a deputada nacionalista, “absolutamente necesaria para atender as necesidades do Sistema de Arquivos públicos de Galiza e avaliar as necesidades de persoal e de infraestruturas”.

A iniciativa do BNG recolle tamén as recomendacións e conclusións do Informe sobre os arquivos de Galiza. Unha perspectiva de xénero e feminista publicado recentemente polo Consello da Cultura Galega e insta a incorporar na planificación do Goberno galego a “perspectiva de xénero de maneira transversal” incluíndo medidas encamiñadas ao uso non sexista da linguaxe, tanto na xestión do material como nas dinámicas de traballo do persoal, dando cumprimento á  de  Igualdade entre mulleres e homes.

“A xestión da información, sexa no ámbito dos arquivos e bases documentais ou mesmo nos medios de comunicación”, sinalou Rodil, “nin é neutra nin é inocua” polo que é preciso incorporar medidas tendentes a visibilizar ás mulleres e a súa contribución ao longo da historia.

Olalla Rodil amosou a súa satisfacción polo acordo que  alcanzado  obriga á Xunta de Galiza a comprometer recursos orzamentarios que garantan o cumprimento das medidas e anunciou que “o BNG permanecerá vixiante para que o acordo se cumpra”.