Aprobada a iniciativa do BNG para evitar as listas de espera na rehabilitación por dano cerebral adquirido

Montse Prado
Montse Prado

Prado criticou o veto do PP a unha estratexia integral de atención aos doentes e para recoñecer esta categoría diagnóstica a 35.000 [email protected]

Aprobada a iniciativa do BNG para evitar as listas de espera na rehabilitación por dano cerebral adquirido

Recollendo as demandas do tecido asociativo e dos colectivos implicados no tratamento de dano cerebral adquirido, a portavoz parlamentaria de sanidade, Montse Prado, solicitou na Cámara recoñecer a categoría diagnóstica de dano cerebral adquirido que active o proceso de rehabilitación especializada nada máis recibir a alta hospitalaria, garantir que esta rehabilitación se poda recibir sen listas de espera para evitar efectos negativos no persoa afectada.

A proposta do Bloque recibiu o apoio parcial de todos os grupos no relativo a  instar ao  Goberno a adoptar as medidas oportunas para evitar listas de espera na rehabilitación deste colectivo de doentes, pero o PP impediu co seu voto en contra que prosperasen o resto de medidas recollidas na proposición non de lei nacionalista.

En concreto, o veto dos populares botou por terra a petición a proposta de poñer en marcha unha estratexia integrada de atención ás persoas afectadas por dano cerebral  adquirido (DCA) que en Galiza sofren 35.000 doentes, que inclúa tanto coidados sanitarios como psicolóxicos e de reinserción social e laboral, a través de medidas coordinadas entre todas as administracións implicadas.

Igualmente, a proposta do Bloque inclúe a elaboración dun censo de doentes de DCA que permita dimensionar de forma acaida os recursos necesarios para darlle a mellor atención.

“É a primeira causa de discapacidade ou dependencia en persoas adultas tras un ictus, traumatismos cranoencefálicos ou tumores”, indicou Prado, quen salientou os “importantes avances na atención que reciben as persoas afectadas no momento do trauma pero hai moito que mellorar na fase posterior a recibir a alta para afrontar os problemas derivados do DCA, secuelas como perda de capacidade motriz, de comunicación ou variacións no carácter”.

“Hai que mellorar esa atención porque os tempos de valoración da discapacidade e de acceso a unha rehabilitación especializada efectiva son moi dilatados, aparte de que non existe un recoñecemento pleno desta doenza nin desde o punto de vista xurídico, laboral, administrativo”, explicou a deputada nacionalista.