Apoio unánime da Cámara galega á proposta do BNG para impulsar a actividade comercial do Porto da Coruña

Mercedes Queixas
Mercedes Queixas
Mercedes Queixas afirma que o acorto responde “á necesidade de garantir un presente  viable do porto  como motor económico da  cidade,  comarca e  Galiza”

A través dun texto transaccionado, o BNG acadou o “apoio unánime” da Proposición non de lei defendida pola deputada do BNG, Mercedes Queixas no debate celebrado onte,  a última hora no  Parlamento galego.

Coa aprobación por unanimidade da iniciativa nacionalista, o Parlamento insta á Xunta de Galiza a demandar do Goberno do Estado:

  1. Un plan estratéxico de recuperación e impulso da actividade comercial do porto da Coruña, desde a súa representación no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.
  2. A licitación do acceso ferroviario do porto exterior de Punta Langosteira  antes do vindeiro mes de xuño co compromiso firme do Ministerio de Transportes , Mobilidade, e  Axencia Urbana de o incluír nos fondos europeos, e no seu defecto, asegurar recursos orzamentarios para a súa execución.
  3. A condonación da débeda do Porto da Coruña con Portos do Estado ou a concesión dunha achega económica da cantidade equivalente.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG