Ana Pontón volve pedir a comparecencia do Goberno no Parlamento para informar da situación do coronavirus

Ana Pontón
Ana Pontón
“Non entendemos que o PP pida que Sánchez acuda ao Congreso mentres  aquí Feixóo se nega a facelo”, alega, “contra o alarmismo, transparencia”

O BNG, a través da propia portavoz nacional, Ana Pontón, volve pedir ao Goberno da Xunta que compareza ante o Parlamento para explicar cales son os protocolos, medidas e resolucións adoptadas para facer fronte á crise do coronavirus. Sen alarmismos, subliñou, e para iso o mellor é total transparencia con información solvente en detalla.

“Que máis ten que pasar para que o Goberno da Xunta compareza no Parlamento para dar explicacións tendo en conta que a preocupación social vai en aumento?”, interpelou, un silencio desde o Executivo que contrasta coa petición de que Pedro Sánchez  acuda ao Congreso que reclama o PP.

“Sorpréndenos que Casado pida a comparecencia de Sánchez mentres Feixóo se nega a comparecer e dar a cara no Parlamento galego para explicar que medidas se adoptaron e cales se van adoptar no futuro porque hai aspectos nos que, pese a ter máis tempos que outros territorios para afrontar o coronavirus, non parece que se estea á altura do reto”.

Neste sentido, citou o caso da mestre que se contaxiou en Venecia pero que volveu e seguiu impartindo clases con normalidade, “preguntámonos ante casos así se realmente se activaron os protocolos necesarios ante este tipo de situacións”.

“Desde a responsabilidade, evitando o alarmismo, pero a Xunta ten que comparecer”, en concreto o conselleiro de Sanidade e de Economía e a conselleira de Educación, “porque hai moitas incógnitas e consideramos importante que a máxima institución que representa aos galegos e galegas teña coñecemento directo”.

Preguntada pola repercusión na campaña, Pontón subliñou que estamos ante unha cuestión de “saúde pública que está por riba de todo”, en consecuencia, “o que preocupa ao BNG é que non se estenda o virus e aí é onde imos poñer o foco”. Máis aló das medidas en canto a celebración de actos que haxa que tomar, -indicou-, que deben decidirse polas autoridades competentes en función da evolución da situación, é importante e que o Goberno transmita toda a información.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG