Ana Pontón urxe á Xunta e Goberno central a tomar medidas para garantir o emprego das auxiliares de Alcoa

Ana Pontón
Ana Pontón
Alerta das graves consecuencias económicas e laborais para a comarca de A Mariña e do posible  peche definitivo da fábrica en San Cibrao, tras o anuncio de paralizar as cubas   

A portavoz nacional do BNG,   Ana Pontón, mantivo hoxe un encontro telemático con representantes  da plataforma  de traballadores e traballadoras de empresas auxiliares de Alcoa ao que tamén asistiu a deputada e viceportavoz, Olalla Rodil.

A líder do BNG compartiu cos representantes da plataforma a “profunda preocupación” pola situación económica e social da comarca ante o anuncio do “paro das cubas” da factoría de Alcoa en San Cibrao,  que impediría o proceso para a reanudación da súa actividade. Pontón reclama á Xunta e ao goberno central “medidas que impidan que medio cento de traballadores e traballadoras de empresas auxiliares queden sen emprego”. Ao seu xuízo, tanto a Xunta como o Goberno central “deben reclamar a Alcoa que non leve adiante a paralización das cubas, que permita  á factoría estar a punto no momento de reactivar a actividade  e “un Plan de futuro para actividade e persoas traballadoras de  Alcoa”.

A nacionalista  alerta do risco que supón a decisión da dirección  con factoría con este anuncio e que pode supoñer “un primeiro paso” para o “desmantelamento progresivo” da fábrica de Alcoa en San Cibrao.     

Pontón cualifica de “vergoñento” o  anuncio de Alcoa  e critica que a empresa aproveite a crise que estamos vivindo para tomar decisións que prexudicarán gravemente o tecido industrial provocando un gran número de despedimentos  afectando de maneira moi grave  á comarca e ao conxunto de Galiza.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG