Galegas 2016

Ana Pontón: “ten que haber un segundo debate porque é un dereito da cidadanía e porque quedaron temas sen tratar”

Acto público en Carballo
Acto público en Carballo
  • “Carballo é un concello no que se demostra que con forzas propias xa foi posible abrir un tempo novo”, declara
  • O BNG propón créditos a tipo de xuro cero para financiar aos traballadores autónomos, e un réxime fiscal e social xusto para este colectivo

A candidata á Presidencia Ana Pontón propuxo a realización dun segundo debate na CRTVG porque os e as electoras teñen dereito a contrastar as proposta de goberno que presentan cada forza política sobre os moitos temas que quedaron pendentes.

“Os debates non poden ser postestade dos partidos senón un dereito da cidadanía para contrastar propostas de programa antes de ir votar”, salientou, tras ser recibida no mitin de Carballo como “a gañadora” do debate celebrado a pasada noite. O BNG demostrou, dixo, “que temos empuxe e confianza para sacar adiante aos galegos e as galegas nun momento que soportan graves problemas de paro, precariedade, desigualdade”.

En contraste dixo, cun candidato do PP “sordo e cego ante os problemas do país, empeñado na mesma política de recortes que deixan unha Galiza máis desigual e máis pobre, cunha débeda pública disparada e sen alternativas, máis aló de executar as órdenes que lle dictan de Madrid e Bruxelas”.

Tras a interveción do rexedor, Evencio Ferreiro, Pontón proclamou que Carballo “é o exemplo de que é posible abrir un tempo novo en Galiza confiando nas nosas propias forzas, porque iso foi exactamente o que se fixo neste concello da man do BNG, cos resultados que están á vista en materia de urbanismo e recuperación de espazos urbanos, de revitalización do comercio local, de dinamismo social e cunha axenda cultura que sorprende”.

Acto público en Carballo“Cando falamos de abrir un tempo novo, dun cambio real a partir do 25S, o Bloque poder presentar o aval do traballo feito en ducias de concellos por todo o país, como Pontevedra, Allariz ou como Carballo”, porque un país non se construé “a base de slogans, senón con feitos, e o BNG xa demostrou que é capaz de mellorar a vida das persoas”, recalcou.

Pontón explicou no mitin as propostas de goberno para os traballadores e traballadoras autónomas, que en Galiza suman 217.000 persoas e representan o 22,3% do total de afiliación á Seguridade Social.

“Este colectivo de autónomos e autónomas, de pequenas empresas son quen mantén vivas as vilas e cidades de Galiza, son un puntal importante para o desenvolvemento do país e o teñen pasado moi mal ao longo destes anos”, explicou Pontón, “e o BNG quere abrir unha nova etapa desde o Goberno galego para mellora as condicións destas persoas para acceder ao crédito, para que teñan financimanto para os seus negocios, pero tamén para que teñan un tratamento fiscal e unha cobertura social xusta”.

En concreto, o BNG propón unha liña de crédito a xuros cero destinada a financiar a instalación e mantemento dunha actividade autónoma durante un período de tres anos para facilitar a súa viabiliadade. Igualmente, para financiar investimentos innovadores e de modernización dos negocios e, tamén sería financiables con cargo a esa liña de créditos a custe cero as actividades como autónomos no sectores máis golpeados pola crise e as persoas autónomas que se atopan na último treito da súa vida laboral.

A candidata tamén incidiu na fiscalidade dos autónomos. Neste sentido, o BNG reclama a xestión íntegra dos impostos que se pagan en Galiza, pero mentres se manteña o marco actual reclama do Estado corrixa a normativa actual. Así, propón que a tarifa plana de 50 euros mensuais durante seís meses se extenda ata os dous anos e, ademais, que queden exentos de tributación cando no acaden o SMI, e acabar co dislate de que teñan que cotizar por ingresos que non se teñen realizado.

Outra proposta que o Bloque defenderá desde o Goberno da Xunta é que as traballadoras autónomas queden exentas de tributar as cotas da Seguridade Social mentres estean de baixa por maternidade.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG