Parlamento Galego

Ana Pontón: "Sr. Feijóo por que defende o concerto económico para Catalunya e Navarra e non para Galiza?"

Ana Pontón mostra o gráfico dende o escaño
Ana Pontón mostra o gráfico dende o escaño
  • A nacionalista afirmou que o actual modelo de financiamento é “un mal negocio para Galiza”, é centralista, inxusto e insolidario e  financia mal a nosa  sanidade, educación e servizos sociais  

A portavoz parlamentaria do BNG cominou hoxe  a Núñez Feijóo a poñer en marcha un novo modelo de financiamento para Galiza a través dun concerto  económico porque o actual, “non é un bo negocio para Galiza” nin para financiar a nosa sanidade, educación e servizos sociais.

A nacionalista, facéndose eco das propias palabras do Presidente de Xunta pronunciadas en Cataluña, preguntou porqué defende o concerto económico para Navarra ou Cataluña e non para Galiza e  explicou que dende a entrada en vigor do sistema de financiamento os galegos e galegas, a pesar de pagar máis impostos, perdemos 9.000 M€, o Estado, dixo “fai caixa con nós recadando ao ano  3.000 millóns de euros máis do que despois inviste”.

A parlamentaria asegurou que aínda estamos a tempo de cambiar o modelo pero depende da vontade política polo que considerou necesario que Feijóo viaxe a Madrid a defender un proposta ambiciosa e de futuro. “Propoñémoslle que defenda un concerto económico, como o que xa teñen Euskadi e Navarra, para blindar o gasto social e evitar  ser presas das decisións arbitrarias e das chantaxes do  Estado”.  Neste sentido, criticou que o  Estado decida  que cada galego e galega teña  que gastar 50 euros para rescatar as radiais madrileñas, pero ao mesmo tempo di que non hai cartos para rescatarnos das peaxes abusivas da Ap9. Vostede pensa que isto é xusto?. Nós non.     

Recentemente acabamos de ver como o goberno de Rajoy, decide aumentar o gasto militar mentres se manteñen os recortes en política social. Vostede cree que isto é xusto? Nós non.

A portavoz do BNG recalcou que  un concerto económico significa dar un paso de xigante no autogoberno real  porque  blinda máis recursos para contratar máis médicas ou profesores, acabar cos recortes, garantir a atención aos dependentes ou ter máis recursos para I+d+i. Polo que preguntou a Feijóo se  vai facer o papelón de defender o concerto económico para Cataluña e ao mesmo tempo renunciar á defensa do concerto económico para Galiza.

Trala resposta de Núñez Feijóo que rexeitou a proposta nacionalista, Ana Pontón  reproduciu unhas declaracións  no Círculo de Economía de Cataluña nas que o Presidente da Xunta  afirmaba: “Sobre el tema del concierto. Mire Ud. Un nacionalista gallego le querrá un concierto económico para Galicia y si le oye Ud. como lo calcula, ahí sí que habría un debate interesantísimo…Ahora bien, es verdad que estas cosas se pueden cambiar y se puede plantear y se pueden discutir, ¿no? El problema es cómo nos ponemos de acuerdo en los contenidos del concierto y que es lo que se mide y lo que no se mide y lo que se pondera y lo que no se pondera”. Se vostede en Cataluña recoñece que o nacionalismo galego dá un debate  interesantísimo sobre o concerto económico preguntou Pontón,  por qué non se suma a este debate?.Ou é que vostede di unha cousa en Cataluña e a contraria na Galiza. Porque é  vostede unha rémora para que Galiza avance?, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG