Ana Pontón: “O sistema patriarcal é a base que lexitima a violencia contra as mulleres”

Manifestación de Compostela
Manifestación de Compostela

Afirma que a manada non son cinco, “ hai unha manada na base do sistema patriarcal e non só no ámbito domestico, tamén no ámbito social e institucional”.

Demanda ao Goberno galego que destine 100 millóns de euros para loitar contra a violencia machista e incrementar as axudas ás mulleres vítimas de violencia de machista

No día Internacional contra a violencia machista na manifestación celebrada hoxe en Santiago de Compostela,  a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón lembrou que na última década foron asasinadas 45 mulleres en Galiza e a loita contra  violencia de xénero debe ser “unha prioridade política durante todo o ano” polo que reclamou aumentar os recursos destinando 100M€, (1 de cada 100  do orzamento da Xunta), “cifra perfectamente asumible e necesaria  para un problema tan grave”.

Ana Pontón afirmou que “O sistema patriarcal lexitima a violencia contra as mulleres “ e reiterou que a “manada non son cinco, hai unha manada na base do sistema patriarcal no ámbito doméstico, no social e institucional”.

 A portavoz do BNG manifestou que cada semana son denunciadas tres violacións e reivindicou o “o dereito das mulleres  a ser libres e vivir sen medo nin violencia  todos os días do ano”. por iso , dende o BNG, remarcou,  seguimos reclamando á Xunta de Galiza que incremente  máis recursos contra a violencia machista.

Manifestación de VigoAs institucións  deben implicarse contra a  violencia de xénero destinando máis medios e comezando coa posta  en marcha de apoio psicolóxico ás vítimas, porque, só o 10% están a recibir este servizo e a propia Lei galega establece a atención psicolóxica dende a Atención primaria, sen embargo estamos a constatar que o Goberno galego incumpre a lei nesta materia.

Por outra parte, a nacionalista insistiu na necesidade de incrementar as axudas ás mulleres cando denuncian e avanzou que o BNG levará ao Parlamento galego unha proposta para aumentar as axudas, xa que no caso de ser unha vítima de violencia machista  cuns ingresos de  810 euros, non teñen dereito á axuda. Con esta cantidade  económica, dixo a nacionalista, resulta “moi difícil reemprender un proxecto de vida”.

Manifestación de Compostela Hoxe, insitiu Pontón “non é un día para celebrar”, é un día para “denunciar que existe  unha violencia machista estrutural. A manada non son cinco, hai unha manada na base do sistema patriarcal e non só no ámbito domestico, tamén no social e institucional”. Esta é unha denuncia clave para que entendamos que o sistema patriarcal lexitima a violencia contra as mulleres, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG