Ana Pontón: “A sentenza do Prestige é unha nova burla para todos e todas as galegas”

Ana Pontón
Ana Pontón

Cualifica de tardía, decepciónante e inxusta a sentenza  e reclama investir os 1.500 millóns de euros das indemnización na rexeneración e recuperación integral  da costa galega

Ana Pontón: “A sentenza do Prestige é unha nova burla para todos e todas as galegas”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón cualificou hoxe de “nova burla” a sentencia definitiva do Prestige. Unha sentencia que ademais chega 16 despois da catástrofe e que a todas luces resulta “inxusta e decepciónante”.

A portavoz nacionalista manifestou que é “frustrante” comprobar como a xustiza está máis interesada en defender os poderes económicos do  estado   que en   “facer xustiza” e recriminou que a sentenza deixe “libre” de toda responsabilidade a “Aznar, Rajoy e Álvarez Cascos” que converteron “un accidente, nunha catástrofe”  de graves consecuencias para a costa galega, a actividade pesqueira e marisqueira e o equilibrio medioambiental.

A nacionalista fixo fincapé na resposta do pobo galego que “coas súas propias mans” limpou o chapapote e sabemos, dixo, que os danos ocasionados superan os 1.500 M€ que recolle a sentenza. Ana Pontón avanzou que á espera de coñecer o reparto definitivo dos 1.500 millóns de euros  de indemnizacións, resulta evidente que deben ser “investidos en Galiza” para a “rexeneración e recuperación das nosas costas”.

Despois de 16 anos sentimos unha “profunda rabia e indignación”, ante unha xustiza que de novo nos deixa desamparadas.