Ana Pontón: "O sector cultural galego vive un ERE invisible que exixe medidas extraordinarias da Xunta"

Ana Pontón
Ana Pontón

O BNG envía a Cultura  unha proposta de medidas urxentes para a reactivar o sector cultural galego gravemente afectado pola crise do coronavirus

Denuncia a ausencia “dun Plan da Xunta” para facer fronte a situación de “desplome” do sector cultural e aposta  por medidas de actuación para corrixir a grave precariedade ante a cancelación de programas e axudas públicas

Ana Pontón: "O sector cultural galego vive un ERE invisible que exixe medidas extraordinarias da Xunta"

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón mantivo hoxe, a través de videoconferencia, un encontro con representantes de diferentes sectores da cultura galega aos que trasladou o apoio e compromiso dos concellos e deputacións gobernados polo BNG, ou con representación, para poñer en marcha medidas urxentes co fin de reactivar o sector.

Para a portavoz nacionalista, a cultura está vivindo un “ERE invisible” e asegura que a crise do Covid-19 constata que a cultura “é necesaria para crear cohesión social  é un sector básico da  economía galega. “O sector  da cultura galega ten que saír reforzado desta crise con apoio e colaboración, tras moitos anos de debilitamento”, recalcou.

Medidas urxentes para reactivar o sector cultural galego

 O BNG trasladará a Cultura unha batería de medidas destinadas a reflotar o sector cultural galego gravemente danado pola crise do coronavirus. A portavoz do BNG anunciou que resulta imprescindible activar as liñas de axudas pendentes e poñer en marcha “unha liña específica” para compensar as perdas do sector cultural. “Urxe crear liñas de axuda para as empresas complementarias aos préstamos ICO e avaladas polo IGAPE”. Pontón tamén destaca o importante papel dos medios públicos e propón que  a CRTVG impulse o sector cultural  coa compra de material audiovisual realizado acompañando esta medidas coa  contratación dunha programación cultural específica para que a través da TVG e RG, explicou,  poidamos ver e escoitar música, teatro e outras disciplinas artísticas. Neste momento, aseverou,  hai que  botar man das producións propias e destacar estas producións no Xacobeo 2021 para o que   pediu unha nova reprogramación apoiando as iniciativas do sector cultural galego.

Diálogo da Consellería de Cultura co sector

Por outra parte, Pontón  apelou ao diálogo entre a consellería de Cultura e o sector e declarar a cultura como “ben de primeira necesidade” como xa fixeron  en  Alemania e Francia.

É necesario, engadiu a nacionalista, crear “unha Oficina técnica” que dependa da  consellería para elaborar informes sobre a incidencia da crise na cultura galega e prestar asesoramento e asistencia técnica para a  obtención de axudas extraordinarias derivadas da crise. “Crear un portal web específico para informar aos distintos sectores culturais das medidas e decisións que a Xunta de Galiza e outras administración adopten nesta materia”.

 O BNG propón liñas de axudas de compensación

Dentro das propostas do BNG figura a creación de liñas de axudas  específicas e con partidas orzamentarias concretas para a reactivación dos sectores culturais, que teñan en conta toda a cadea na creación cultural (provedores, distribuidoras, produción…). Creación, por parte da AGADIC e o IGAPE, dunha liña de préstamo especial para financiar  as necesidades de liquidez das empresas dos diferentes sectores profesionais da cultura galega, suspensión temporal do pagamento de cotas de préstamos bancarios concedidos para as empresas culturais destinados a investimentos en equipamento técnico, vehículos,escenografías e en xeral as necesidades de investimento propias da creación, produción e distribución.

Redefinir a programación do Xacobeo 2021 e reducir o IVE do 10% ao 4%

Pontón pide redefinir a programación do Xacobeo 2021 para convertelo nunha ferramenta de “reactivación e apoio aos sectores profesionais da cultura galega”. mantendo  os contratos e reprogramación en novas datas así como  garantir as achegas da Consellaría de Cultura e resto de administración públicas das

 actividades culturais canceladas. En redes e circuítos, tamén  medidas extraordinarias de prórroga dos períodos de programación, flexibilidade de cambios de data e “reducir o  IVE cultural do 10% ao 4%”.

Finalmente, o BNG reclama non revocar as subvencións concedidas para 2020, axilizar os pagamentos pendentes  das administracións públicas, modificar as bases de convocatoria de subvencións polo coronavirus  para contemplar o pagamento anticipado parcial das subvencións (70% no momento da resolución, 30% no momento da xustificación), como medida para inxectar liquidez no sector e “crear un bono cultural” que estimule o consumo da cultura galega.

 

Ana Pontón: "O sector cultural galego vive un ERE invisible que exixe medidas extraordinarias da Xunta"