Ana Pontón ante a reunión de Feixóo co comité de ALCOA: “Ou anuncia a aportación da Xunta na intervención da factoría ou o demais é fume”

Manifestación ALCOA
Manifestación ALCOA
Denuncia que 19 días despois do anuncio de medio millar de despidos o candidato do PP aínda non tivo tempo de ir A Mariña. O BNG reitera a súa alternativa: nacionalización e tarifa eléctrica galega

A portavoz nacional, Ana Pontón, lamentou que o presidente da Xunta precisase 19 días para manter un encontro co comité de empresa de ALCOA, despois de que a multinacional anunciara o despido de 534 traballadores e traballadoras como antesala do peche dunha factoría clave para o país.

E, por iso, Pontón espera que o candidato do PP anuncie tras esta xuntanza en San Caetano a contía da participación da Xunta para nacionalizar ALCOA, a través dunha intervención pública compartida co Goberno do Estado, que permita salvar o emprego e a produción estratéxica de aluminio. Calquera outra cuestión, indicou, será “fume”.

“Se desta xuntanza non sae un compromiso firme no que a Xunta concrete a súa aportación para a nacionalización de ALCOA, esta reunión non será máis que fume, fume e fume e os traballadores e traballadoras de ALCOA non necesitan fume senón unha proposta de solución que non BNG temos moi clara: nacionalización a través da intervención pública e tarifa eléctrica galega”, salientou.

Neste sentido, se tras o encontro Feixóo se vai limitar “a facer unha crítica ao que non fan os demais o que demostrará o candidato do PP é que non ten ningún proxecto, nin ningunha medida para salvar o emprego nesta factoría clave para A Maria e para o conxunto do país”, subliñou.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG