Ana Pontón responsabiliza a Feixóo do conflito de xustiza e pide o cese “fulminante” de Rueda”

Manifestación xustiza
Manifestación xustiza

Anuncia  unha iniciativa do BNG no Parlamento  para a mediación do Consello galego de Relacións Laborais no conflito conflito

A portavoz nacional do BNG, Ana  Pontón participou hoxe na multitudinaria manifestacións convocada polos traballadores e traballadoras da Xustiza tras dous meses en folga e afirmou que  “máximo responsable”  é Alberto Núñez Feixóo  como presidente da Xunta de Galiza. Fexjóo, dixo, “non pode mirar para outro lado” e en calquera país normal, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda estaría “ cesado fulminantemente” por demostrar a súa incapacidade para chegar a un acordo. Una parte do problema, recalcou,  é propio Rueda que non quere dar o seu brazo a torcer e prefire seguir humillando aos traballadores e traballadoras da xustiza por convocar unha folga contra as discriminacións salariais e demandar máis recursos para unha xustiza moderna e eficaz.

A “ chulería e prepotencia” da Xunta de Galiza está provocando a folga máis longa da Xustiza en Galiza” e polo lo que vemos, afirmou, ao  goberno galego “impórtalle un bledo” este problema”.

Pontón negou que a razón para  unha solución ao conflito  sexa de tipo económico e mostrouse convencida de que a Xunta “ten recursos para ofrecer unha alternativa ás demandas das traballadoras e traballadores da xustiza”. Neste sentido, avanzou que de non producirse unha solución a curto prazo, o BNG presentará unha iniciativa para “pedir a mediación do Consello galego de Relacións laborais” como única vía ante a “prepotencia  na que está instalada a Xunta de Galiza”

A portavoz nacionalista reiterou o apoio do BNG a todas as reivindicacións do colectivo de traballadores da Xustiza e preguntou como o goberno do Estado conta con recursos para incrementar en “720 euros o salario mensual” doutros corpos e segue “racaneando cos traballadores e traballadoras da xustiza galega”. Non entendemos que “intereses escuros” ten o Partido popular en prolongar a folga da xustiza polo que pediu unha negociación real con diálogo e acusou a Rueda de estar “desautorizado” e ao seu xuízo,  “debe ser o propio presidente da Xunta quen se poña ao fronte e busque unha solución”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG