Parlamento Galego

Ana Pontón: “Tarifa eléctrica galega e IVE ao 4% baixaría unha factura da luz de 150 a 100€”

Comparecencia Ana Pontón, Xunta de Portavoces
Comparecencia Ana Pontón, Xunta de Portavoces
  • O  BNG proporá no vindeiro pleno poñer en marcha un sistema de arbitraxe que obrigue aos bancos a devolver o cobrado polas cláusulas solo e  acompañado dun plan de inspección das entidades para garantir o cumprimento da sentenza europea. Ademais, o BNG  defenderá unha tarifa eléctrica galega que nos beneficie como país excendentario de produción de enerxía

A portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón cualificou hoxe de “desilusionantes” os orzamento que serán aprobados o vindeiro luns e que; ao seu xuízo, son unha mostra do “esgotamento e falta de ideas dun goberno en stand by”. Para a deputada, as contas da Xunta para o 2017 consolidan o modelo de “desigualdade, precariedade e carecen de ambición de país”. Estes orzamentos, anunciou, “non contarán co apoio do BNG”.

A parlamentaria compareceu ante os medios de comunicación, trala xunta de portavoces, e avanzou  que o BNG proporá reducir  o IVE na factura da luz “ do 21% ao 4%” o  que representaría, explicou,  rebaixar unha factura de 150 euros a 100 euros. Por outra parte, dende o BNG, dixo, tamén  queremos centrar o próximo pleno na defensa dos intereses de Galiza e en propostas que freen os abusos da banca e das eléctricas, que parecen que son “os que realmente gobernan o Estado”.

O fothocall ministerial de Feijóo

Galiza necesita un presidente que estea disposto a defender os intereses lexítimos dos galegas e das galegas, aínda que iso lle supoña non caer simpático en Madrid. “Non queremos  un presidente que vai de photocall ministerial e sen reclamar nin defender nada”, recalcou a portavoz nacionalista.

Gustaríame recordarlle a Feijóo, engadiu  que é falso que a sanidade custe igual en Galiza que en Madrid ou Barcelona, “o custe da prestación de servizos é diferente porque somos realidades diferentes”.  E tamén dicirlle que a autonomía financeira non se consigue “sendo alumno avantaxado de Montoro en recortes”, senón reclamando un concerto económico para Galiza, similar ao que teñen en Euskadi e Navarra.

Ademais, Pontón manifestou que Feijóo debería pedir perdón aos galegos e galegas por ter mentido sobre o  Ave, “hai 4 anos en campaña electoral  dicía que se gobernaba Rajoy non habería novos retrasos e hoxe vai a ser o recadeiro dos incumprimentos nesta materia”.

Cláusulas solo

A parlamentaria reiterou que o BNG reclamará no vindeiro pleno un “Sistema de arbitraxe”  que obrigue a devolver todo o cobrado ilegalmente das cláusulas solo  e un plan de inspección das entidades para garantir que se cumpra a sentenza. Neste sentido lembrou   que a Xunta de Galiza ten competencias en Consumo polo que pode iniciara a arbitraxe sen dilación.

Suba da luz

Reclamamos unha proposta de país porque  “non cremos que a solución aos altos prezos da enerxía dependa da chuvia” polo que imos defender unha tarifa eléctrica galega que evite que paguemos máis do que realmente costa o subministro da luz. Unha nova fiscalidade, dado que “máis da metade da factura da luz son impostos”, rebaixar de maneira urxente o IVE da luz do 21% ao 4%, e   eliminar todas as trabas legais ao autoconsumo.

Finalmente, Ana Pontón lamentou que o Partido popular vetara, novamente a creación da comisión de investigación do Alvia, o PP, reprobou,  en vez de estar ao lado das vítimas sigue do lado das “mentiras oficiais do  Estado”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG