Ana Pontón: “Raxoi maltrata ás persoas pensionistas cunha subida do 0,25%"

Encontro con pensionistas
Encontro con pensionistas

Critica que o PP traballe para beneficiar fondos privados e reclama pensións dignas

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón comprométese co colectivo de pensionistas  a ser  “a súa voz” no  Parlamento para exixir   do goberno central unha subida que incremente  “o seu poder adquisitivo”.

Para a nacionalista, “Rajoy maltrata ás persoas pensionistas cunha subida do 0.25%” e denuncia que o Partido popular “traballe para beneficiar fondos privados”   cortando  o dereito a unha pensión digna. Reclamos, como mínimo unha subida equiparable a subida do coste da vida e  que se “salvagarde o sistema de pensións público”.

Por outra parte,  tamén se comprometeu a pedir na Cámara galega que o goberno deixe de perseguir ás persoas pensionistas  emigrantes  retornadas como está a facer a través da Facenda española ao obrigalos a pagar máis que a un xubilado ou xubilada no Estado español.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG