Ana Pontón pide o voto inconformista porque o BNG é garantía dun cambio real nos concellos o 26M

A Coruña
A Coruña

Proclama que Jorquera “é o mellor alcalde para A Coruña”, cun proxecto sólido e de futuro fronte ao vello bipartidismo e os que só trouxeron decepción

Ana Pontón pide o voto inconformista porque o BNG é garantía dun cambio real nos concellos o 26M

A portavoz nacional, Ana Pontón, desprazouse A Coruña para apoiar a candidatura que lidera Franscico Jorquera, que aproveitou par pedir unha gran mobilización que encha as urnas de votos a única opción que garante un cambio real nos concellos a partir do 26M: O BNG.

“É a aposta segura” para transformar os concellos en positivo a favor das persoas, “como demostramos nas vilas e cidades nas que gobernamos”, recalcou.

“Todas as persoas que queren cambios transformadores, que son inconformistas teñen que saber que a papeleta BNG é a que garante ese cambio real, concellos con persoas honestas e as ideas claras, que constrúen concellos feministas, eficaces na xestión, con dinamismo económico e social, sustentables e orgullosos do noso, da nosa lingua e cultura. Concellos que apostan pola cohesión social para vivir mellor”, explicou.

Unha mensaxe, dixo, “que queremos deixar hoxe aquí desde A Coruña cun apoio claro e rotundo ao alcalde que merece esta cidade”, recalcou en referencia a Francisco Jorquera con quen compartiu un reparto de publicidade electoral na emblemática rúa Barcelona, xunto con outras persoas integrantes da candidatura como a actual portavoz municipal, Avia Veira, e a número tres da lista, a académica Mercedes Queizas.

Pontón destacou que A Coruña “precisa un cambio de rumbo e quen pode ofrecer unha alternativa de cambio é o Bloque coa candidatura que encabeza Francisco Jorquera, unha persoa con experiencia, con rigor e con solvencia, que ten un proxecto de futuro e transformador para esta cidade”, resaltou.

No BNG, argumentou, “estamos en disposición de ofrecer un proxecto sólido a veciñanza que non queren máis política de dereita, que está decepcionada co que está pasando pero que tampouco quere ese vello bipartidismo de sempre que non trae solucións para o país”. Por iso, “para os coruñeses e coruñesas que non queren resignarse nin a ese vello bipartidismo nin aos que só trouxeron decepción, a súa aposta segura é o BNG da man de Jorquera e do seu equipo”.

Pola súa parte, Jorquera explicou as propostas do BNG para combater o que cualificou de “problema de saúde e un problema social que afecta singularmente á mocidade”, en referencia aos efectos da proliferación das casas de apostas nunha cidade como A Coruña, en particular en barrios como o Agra.

Campañas de información e concienciación desde o concello, pero tamén medidas como a imposición dun IBI “disuasorio”, utilizar as ordenanzas municipais para impedir que se instalen estes establecementos no entorno de centros escolares, “mesmo se están convertendo en centros de socialización da mocidade”, denunciou Jorquera.

Igualmente, o programa electoral municipal do BNG inclúe reforzar a presenza de policía de barrio que permita facer unha fiscalización efectiva en canto a prohibición de acceso de menores como marca a lei, e prohibir calquera publicidade de apostas en todos os soportes do concello,  incluídas as empresas concesionarias de servizos municipais, como por exemplo os autobuses.

Ana Pontón pide o voto inconformista porque o BNG é garantía dun cambio real nos concellos o 26M