Ana Pontón pide máis medios para loitar contra a violencia machista e menos minutos de silencio

Ana Pontón
Ana Pontón

Condena o novo caso de violencia machista en Galiza e insta á Xunta e ao Goberno do Estado a implicarse de maneira real e urxente nas políticas feministas de loita contra a violencia machista

A portavoz do BNG, Ana Pontón condenou hoxe o novo caso de violencia de xénero no que “o machismo segaba a vida a unha muller” no noso país, Ana Belén Varela asasinada en Cabana de Bergantiños, terceira vítima galega no ano 2018.

Pontón, tras facer un chamamento a todas as mobilizacións convocadas polo Movemento Feminista Galego instou ás institucións e concretamente as que contan con competencias na loita contra a violencia de xénero como a Xunta e o Goberno do Estado, a empregar “máis medios e recursos” e sensibilizar a través da educación contra a desigualdade. Necesitamos, dixo, “pasar dos minutos de silencio e dos lazos nas lapelas”  e que as institucións se  impliquen, de maneira real, en políticas feministas de loita contra a violencia de xénero.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG