Galegas 2020

Ana Pontón pide na Estrada unha mobilización masiva para que o 12X Galiza teña un Goberno “que se faga valer”

Acto A Estrada
Acto A Estrada
Bara avanza o compromiso do BNG de converter A Estrada na capital do moble combinando a innovación cunha aposta por madeiras de calidade

A portavoz nacional e candidata á Presidencia, Ana Pontón, pediu desde A Estrado nun acto coa militancia e simpatizantes unha “gran mobilización” de toda a comarca do Deza o 12X para pasar páxina da década de “decadencia e inmobilismo” do PP e abrir un tempo novo cun goberno liderado polo BNG “que se faga valer e que teña como único obxectivo a defensa do país e deste pobo”.

Tras recalcar que a enquisa que conta é a das urna, Pontón manifestou o seu convencemento de que os datos indican que hai partido e o BNG sae a por todas para ganalo: “o 12 de xullo Galiza pode facer historia dando paso a un goberno de país que teña á fronte, por primeira vez a unha muller nacionalista”, proclamou.

Por iso, desde A Estrada fixo un chamamento “a todas as persoas que queren cambio real a sumarse a onda do cambio galego da man do BNG, porque temos un proxecto solvente, de futuro, porque non imos fallar e porque somos a mellor alternativa para desaloxar ao PP e con el as súas políticas de recortes, privatizacións e destrución do tecido industrial e dar paso a un Goberno que crea neste país, no seu potencial e no seu futuro”, salientou.

“A todas as persoas que queren deixar atrás esta Galiza decadente, en branco e negro para empezar a construír unha Galiza en cor, viva, con futuro, dígolles que a súa aposta é o BNG, que nos lles imos fallar, que se mobilicen de xeito masivo para conseguilo”, reiterou, tras destacar que “cada día que pasa vemos maior simpatía e apoio, vemos que somos a candidatura que ilusiona para contruír un futuro mellor, no que poder vivir e traballar nesta comarca, neste país”.

O programa de goberno da formación nacionalista ten moi en conta os sectores produtivos do país, que no caso da comarca do Deza pasa por un apoio rotundo ao sector agrogandeiro, -no que o Deza é unha potencia se conta co apoio necesario-, por impulsar o sector do moble, no que A Estrada deber “ir a máis” ou a defensa tamén do comercio local e de proximidade.

Neste sentido, non programa de goberno que presenta o BNG, o medio rural e un sector estratéxico desde o punto de vista económico, social e de preservación do territorio, e aposta por favorecer unha relación comercial que permita rendas xustas para os produtores con contratos homologados fixando prezos mínimos, defensa dun rural do século XXI que aposte pola I+D+i e pola transformación dos produtos agro-gandeiros para xerar valor engadido e máis renda.

No plano dos servizos sociais: reverter os recortes e reforzar a sanidade pública e os coidados ás persoas maiores, unha cuestión, a de fortalecer os servizos públicos, máis urxente que nunca tras a pandemia da COVID19, na que quedo “dramaticamente” de manifesto que sen unha sanidade pública de calidade e con medios e sen un sistema de coidados socias que atenda ao dereito das persoas a unha vellez digna, non será posible afrontar nin esta pandemia nin as que poidan vir no futuro. “O BNG reverterá todos os recortes e as privatizacións, porque nada hai máis importante que garantir o dereito á saúde”, subliñou.

Acto A EstradaCrer en nós e desde forzas propias

A candidata á Presidencia destacou que “cada vez máis xente percibe que Galiza pode saír adiante se cremos en nós, se nos facemos valer, cada vez máis xente está farta da Galiza submisa, estancada e irrelevante que nos deixa o candidato do PP e mira para o BNG para poñer en marcha un proxecto de modernización e avance económico e social”. “O 12X temos a oportunidade de abrir portas e ventás e que entre aire fresco na Xunta”, concluíu.

Na súa intervención, o cabeza de lista por Pontevedra, Luís Bará, destacou que “o voto ao BNG ten valor dobre porque serve para derrotar ás políticas da dereita e construír unha sociedade máis igualitaria. E serve tamén para vencer ao centralismo e a dependencia e desta maneira poñer os recursos do noso país ao servizo do benestar e do progreso colectivo”.

Bará destacou o “proxecto propio e transformador” pensado para Galiza e para a maioría social, e tamén un proxecto beneficioso para A Estrada, da que dixo, ten que desenvolver todo o seu potencial como capital galega do moble. “Ten que facelo activando a cidade do moble, que foi paralizada durante 11 anos polo PP”, subliñou.

Engadiu que o BNG aposta por un país que produza madeiras de calidade, e que as transforme en produtos con valor engadido como son os mobles, para o que é precisa unha grande alianza entre a innovación e os sectores produtivos “como fórmula para catapultar Galiza cara ao futuro”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG