Ana Pontón participa na homenaxe ao nacionalista Lois Obelleiro que organiza o BNG en Soutomaior

Lois Obelleiro
Lois Obelleiro
Ana Pontón participa na homenaxe ao nacionalista Lois Obelleiro que organiza o BNG en Soutomaior

A portavoz nacional, Ana Pontón, participa na homenaxe nacional que o BNG rende ao histórico nacionalista Lois Obelleiro en Soutomaior con motivo do décimo aniversario do seu pasamento, acto que contará coa presenza de varios centos de militantes e simpatizantes así como veciños e veciñas do municipio no que viviu e exerceu como concelleiro, e no que tamén se presentará o libro Lois Obelleiro: compromiso e loita.

No acto de homenaxe intervirá ademais da portavoz nacional do BNG, o presidente da  ademais do presidente da fundación Terra e Tempo editora da obra, Roberto Vilaméa, e en representación da familia tomará a palabra a xornalista María Obelleiro e por parte do BNG de Soutomaior o portavoz municipal Manuel Lourenzo. Discursos de recoñecemento á figura de Obelleiro, que se completará coas actuacións musicais de Xosé Luís Rivas, Mini, de Navia Rivas e dos músicos Quico Obelleiro, Lorena Reinaldo e Demetrio Jorge.

O libro Lois Obelleiro: compromiso é loita é un percorrido vital do histórico dirixente nacionalista que se atopa entre os fundadores e fundadoras do BNG, e está  integrado por diferentes artigos de persoas que compartiron vida e militancia co homenaxeado, como Francisco Jorquera, Francisco Rodríguez ou Guillerme Vázquez. Tamén participan con artigos algúns dos fundadores do sindicalismo nacionalista como Manuel Mera ou Rafael Iglesias, o escritor Manuel Lourenzo González, ou debuxante e ilustrador Pepe Carreiro.

A obra recolle igualmente artigo de alcaldes, como os do rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores ou o de Allariz, Francisco García, así como unha aportación da propia portavoz nacional Ana Pontón. No libro tamén inclúe unha significativa participación de amigos e de compañeiros de Soutomaior.