Ana Pontón: “A mensaxe de Felipe VI é inmobilista e insensíbel co momento social e político que vivimos”

Felipe VI
Felipe VI

O Rei perdeu a oportunidade de recoñecer os seus erros e os do Estado con Catalunya

Ana Pontón: “A mensaxe de Felipe VI é inmobilista e insensíbel co momento social e político que vivimos”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón  cualifica a mensaxe do Rei  de “previsible e inmobilista” e carente de sensibilidade para o momento social e político que estamos a vivir.

Para a dirixinte do BNG o Rei incidiu na  defensa dunha idea  “desfasada” de Estado español na que miles de cidadáns non nos vemos reflexados. “Un discurso que non nos representa” e que en todo caso, nos reafirma no “obsoleta que está a institución da Monarquía e na necesidade de superar o actual marco”.

Por outra parte, Pontón considera que o Rei perdeu unha oportunidade de recoñecer os seus erros e os erros do Estado español en relación a Catalunya cunha mensaxe que demostra non entender o resultado que democraticamente acaban de decidir os cidadáns de Catalunya a través do proceso electoral. “Hoxe queríamos escoitar unha mensaxe na senda de  avanzar no recoñecemento da plurinacionalidade, no recoñecemento das nacións sen estado e que hai que dar un paso adiante para que esa plurinacionalidade e o recoñecemento  dos dereitos desas nacións.

Resulta evidente que no aspecto social, “o Rei asume a tese oficial do Partido popular de que a crise está superada” e non quere ver os graves problemas e desigualdade que seguen existindo. Galiza estivo ausente do discurso, “ningunha mención aos nosos problemas nin a mocidade emigrada e que hoxe non pode celebrar o Nadal coas súas familias”. Un discurso sen a sensibilidade que este momento político require, remarca Pontón.