Ana Pontón leva ao Parlamento a dimisión da dirección da CRTVG polo manipulación que sofre o medio público

Ana Miranda, Olalla Rodil, Ana Pontón, Eva Villaverde e Goretti Sanmartín
Ana Miranda, Olalla Rodil, Ana Pontón, Eva Villaverde e Goretti Sanmartín

Acusa a Feixóo de ser o máximo responsable do secuestro e da manipulación da radio e televisión de Galiza convertidos no cortijo do PP cun custe de 100 M€ anuais

Destaca o éxito da manifestación en defensa dos medios públicos e pide cambios inmediatos para deixar traballar en liberdade @s profesionais

Manifestación sen precedentes en defensa dos medios públicos de Galiza que para a portavoz nacional, Ana Pontón, debe traer cambios inmediatos que permitan acabar co “secuestro e a brutal manipulación” da radio e da televisión públicas, para deixar traballar en liberdade os e as profesionais e poñer os medios ao servizo da cidadanía.

“Temos unha radio e unha televisión públicas secuestradas polo PP e o secuestrador máximo ten un nome, Alberto Núñez Feixóo”, denunciou Pontón, “e ese secuestro e manipulación atenta contra a democracia porque non hai democracia real sen medios públicos plurais que informen do que está pasando, pero hoxe esa labor está absolutamente desvirtuado na RTVG”, argumentou.

Manifestacións medios públicos 3Ante a situación de emerxencia dos medios públicos a dirixente nacionalista avanzou que no pleno do Parlamento da vindeira semana o BNG pedirá a dimisión da cúpula da CRTVG e defenderá un concurso público para elixir aos máximos responsables dos medios públicos para acabar cos nomeamentos a dedo.

“A manifestación ten que servir para que haxa un cambio que pasa en primeiro lugar porque dimita toda a dirección empezando polo director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, e así o pediremos no Parlamento”, indicou Pontón. “Pero hai que ir a cambios máis profundos e por iso propoñemos acabar cos nomeamentos a dedo e pactar un concurso público para que a próxima dirección da radio e da televisión públicas sexa o resultado dun proceso no que prime a capacidade, a independencia e a profesionalidade das persoas que estean á fronte dos medios públicos”, avanzou.

Manifestacións medios públicos 2Medios públicos fora da lei

Igualmente, o Bloque demanda que se poña en marcha o consello de informativos e se aprobe o estatuto dos e das profesionais. “Neste momento temos unha RTVG que está fora da lei incumprindo a súa propia normativa”, denunciou, por contra o ente público de comunicación está convertido “no cortijo do PP que pagamos os galegos e as galegas con cen millóns de euros cada ano”.

Manifestacións medios públicos 1Eses cen millóns de euros públicos, -salientou- “teñen que servir para algo máis que para facer propaganda, autobombo e manipulación brutal a favor do PP e do Goberno de Feixóo. “Vemos o malestar dos propios traballadores e traballadoras e non imos seguir permitindo que a RTVG sexa o aparato de propaganda do PP”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG