Ana Pontón insta a Pedro Sánchez a cumprir os prazos e activar a devolución do Pazo de Meirás

Ocupación simbólica do Pazo de Meirás
Ocupación simbólica do Pazo de Meirás

A portavoz do BNG aludiu a “triquiñuela legal”  dun dos netos do ditador para bloquear a devolución do Pazo de Meirás e afirmou que a familia Franco parece que continúa coa mesma mentalidade do ano 36. Este paso  da familia Franco, dixo Pontón, é “unha declaración de guerra ás resolucións democráticas adoptadas no Parlamento galego”.

Nesta liña avanzou que o BNG solicitará un acordo no vindeiro pleno  de todas as forzas políticas para “deixar claro á familia Franco que non aceptamos esta nova triquiñuela e urxir ao Goberno central a dar os pasos legalmente  necesarios  para activar a reforma”. Non entendemos a que espera Sánchez e que se dilaten os prazos nun tema que conta con suficiente documentación e o aval do Parlamento galego. O BNG  trasladou a petición dunha declaración institucional  ao resto das forzas políticas para que o Parlamento se pronuncie nesta liña.

Urxe que dende o Goberno do Estado sexa activada toda a demanda xudicial para reclamar a titularidade do Pazo de Meirás e doutros bens espoliados pola familia Franco como a Casa Cornide ou as estatuas de Isaac e Abraham para que  volvan ao seu lexitimo dono. “Xa pasou demasiado tempo e agora o Goberno de Sánchez debe activar esta demanda como prioridade dentro da recuperación da memoria histórica”. Non podemos permitir que a pasividade da administración central sexa “cómplice” dos intereses e triquiñuelas da familia Franco para impedir que se leve adiante o proceso de recuperación do Pazo de Meirás.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG