Ana Pontón: “Hoxe todas e todos somos Barcelona e Cambrils”

Concentración Parlamento Galego
Concentración Parlamento Galego

O  BNG amosa a súa condena e repulsa aos atentados e transmite a súa solidariedade e afecto ao pobo catalán  

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón transmitiu   “todo o noso cariño e afecto ás familias que hoxe  viven un dos momentos máis amargos da súa vida pois perderon a un ser querido polo terríbel atentando de Barcelona”. Todo o noso afecto e apoio nun momento tan duro e difícil, así como desexos de pronta recuperación ás vítimas.

“Hoxe todas e todos somos Barcelona e Cambrils e desde Galiza enviamos a nosa solidariedade, apoio e unha mensaxe clara contra a barbarie e o terrorismo”.

Minutos antes da concentración celebrada  no Parlamento galego, a  nacionalista manifestou, no seu nome e do BNG a   “condena ante o terrorismo e a barbarie” e trasladoulle  a todo o pobo catalán que  o BNG “está con el”.  A resposta, dixo,  non pode ser a lei do talión, senón redobrar as nosas conviccións democráticas e traballar para acabar con tanta sinrazón e violencia.

Desde o BNG, recalcou,  trasladamos neste momento  “o apoio e solidariedade e a nosa disposición a colaborar en todo o que sexa preciso para superar este momento tan difícil. Ante o terrorismo e a barbarie hai que responder  con democracia e reforzando principios e valores de  solidariedade e a concordia como fórmula para a convivencia, e evitando a criminalización doutras culturas ou crenzas. Iso sería darlles a razón a minoría que opta pola barbarie e a violencia e nunca o imos facer nin permitir.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG