Ana Pontón esixe de Feijóo que o PP non volva burlarse no Congreso da petición unánime dunha AP9 galega

Ana Pontón

A portavoz nacional, Ana Pontón, avanzou a aprobación unánime no próximo pleno do Parlamento do proxecto de lei en demanda da transferencia da AP9 para mellorar o servizo que se presta aos usuarios e usuarias e como primeiro paso para acabar coa estafa das peaxes.

Ese apoio unánime responsabiliza a todas as forzas estatais, e especialmente ao presidente da Xunta, do cumprimento do mandato da Cámara galega para  evitar unha nova burla a Galiza.

“Tras a aprobación polo pleno, todas as forza estatais teñen unha responsabilidade que é o compromiso de asumir a decisión deste Parlamento e non ver repetida a vella historia de leis aprobadas por Galiza que despois non son respectadas no Congreso, como xa pasou neste caso”, argumentou Pontón tras a reunión da Xunta de Portavoces.

Neste sentido, apuntou directamente a Feijoó: “Ten a responsabilidade de facer que se respecte a Galiza e que a presidenta do Congreso e deputada por Pontevedra, Ana Pastor, e o presidente do Goberno do Estado, Mariano Rajoy, non sexan un obstáculo á transferencia, que non haxa novos vetos”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG