Ana Pontón: “As eleccións deben celebrarse con todas as garantías sanitarias e democráticas, non antes nin en plena pandemia”

Ana Pontón
Ana Pontón

Afirma que a urxencia de Galiza é superar a pandemia e a crise económica e critica as ansias de Feixóo por convocar unhas eleccións en plena pandemia para sacar réditos electorais

Anuncia que a  campaña do BNG  trasladará  á sociedade galega propostas en positivo e alternativas  para erguer Galiza 

Ana Pontón: “As eleccións deben celebrarse con todas as garantías sanitarias e democráticas, non antes nin en plena pandemia”

A portavoz nacional do BNG,   Ana Pontón, reiterou hoxe que é “unha temeridade” convocar a todos os galegos e galegas ás urnas en pleno estado de alarma porque non existen as garantías “sanitarias nin democráticas” necesarias.

Ante a posibilidade de celebrar as eleccións o vindeiro día 12 de xullo ou o 19 afirma que  “as présas de Feixóo” amosan a súa  “irresponsable e imprudencia” é o razoable sería que o presidente o pensara ben pola saúde de todos os galegos e galegas e non só para obter  “réditos electorais”.

Para a nacionalista, a reunión celebrada onte cos partidos políticos foi “un puro formalismo”. Feixóo “xa ten tomada a decisión” para os días 12 ou 19 de xullo e neste momento Galiza necesita centrarse na loita contra a pandemia.  “A crise económica precisa de  unidade para erguer o país”. Neste sentido, amosou a súa preocupación ante as prioridades de Feixóo, e afirmou que “si pensa sacar réditos electorais desta situación, está moi equivocado”.

Por outra parte, á líder do BNG resúltalle  chamativo que a propia convocatoria contemple a posterior desconvocatoria se as circunstancias o xustifican o que para Pontón, “corrobora que é un grande erro” convocar  aos galegos as urnas. “Non é lóxico” anunciar unha convocatoria e prever ao mesmo tempo a desconvocatoria das eleccións”. Ademais de crear máis incertezas, pon sobre a mesa a “irresponsabilidade e falta de un criterio claro e rotundo que avale a seguridade sanitaria e democrática para ir ás eleccións”. Pontón asegurou que  a día de hoxe non se pode calibrar como será o proceso. As recentes eleccións en Francia e outros lugares, en plena pandemia, explicou,  confirmaron a baixa participación da cidadanía. “Non coñecemos as condicións epidemiolóxicas” e resulta impredicible que tipo de campaña se pode facer o que pon o foco “na falta de garantías democráticas” para a  participación na campaña e no  proceso electoral. Desde o BNG, volvemos a pedir a Feixóo que “non teña présa” e concentre as súas enerxías  en loitar contra a crise da COVID-19, tanto no aspecto sanitario como económico. “Lamentablemente só pensa nunhas eleccións sendo o único galego que quere esa convocatoria”.

A pandemia impide as condición democráticas nun proceso electoral e esta circunstancia, insistiu,  impedirá  a participación da cidadanía na  campaña así como a achega de  propostas a través dun  debate sereno e  moitos galegos e galegas están con urxencias máis inmediatas, “persoas autónomas con grandes problemas  económicos, perda de emprego e un gran número de persoas  que aínda non cobraron o ERTE  polo que  resulta dunha “grande soberbia” por parte de  Feixóo poñer  o seu  interese electoral por riba da saúde e a crise económica.

 

Ana Pontón: “As eleccións deben celebrarse con todas as garantías sanitarias e democráticas, non antes nin en plena pandemia”