Ana Pontón: “O discurso do Rei, centralista e oficialista, está fora da realidade social”

31682298711_f5bd4b8f3c_o
31682298711_f5bd4b8f3c_o
  • A portavoz nacional  do BNG, Ana Pontón afirma que a Casa Real e a monarquía son “unha mostra máis do esgotamento deste réxime”

Para a portavoz nacional do BNG,Ana Pontón, o discurso do Rei está desconectado da realidade social e resulta unha mostra de que ata que punto, a Casa Real e a monarquía non teñen ningún tipo de sentido, “é unha institución obsoleta e unha mostra do esgotamento deste réxime”.

Como galega, afirma Pontón, non me sentín representada nun discurso “triunfalista que abraza a teoría oficial do Partido popular de que xa saímos da crise” cando no noso país hai máis de 700.000 persoas en risco de exclusión social. Mentres  o Rei nos pregoa dende a Televisión pública a recuperación económica, “nós o que vemos é como os salarios non se recuperan e cada vez hai máis persoas que non chegan a fin de mes”. A portavoz  nacionalista cualifica o discurso de “triunfalista e oficialista e que pretende manter o actual -status quo- sen escoitar á realidade social.

Ningunha referencia á violencia de xénero

Lamentamos que un tema tan relevante como é a violencia de xénero non formara parte das preocupacións no discurso, cando estamos a ver que nos últimos anos foron centos de mulleres asasinadas e segue sendo un  drama para miles de mulleres que sofren cada día nas   súas propias carnes  a violencia de xénero.

Finalmente, Pontón recalca que o discurso “centralista” do Rei non escoita as demandas do pobos nin os  problemas de miles de cidadáns no noso país e no conxunto do Estado español.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG