Ana Pontón destacou en Vilalba “o potencial económico da comarca e a necesidade de apostar polo propio”

Visita Vilalba
Visita Vilalba

A voceira do BNG visitou a empresa Champivil que se adica ao procesado e comercialización de grelos, verzas, cogomelos e estrugas

“Ter capacidade de decisión sobre o noso significa obter calidade de vida e xerar economía para que a xente moza non teña que emigrar” sinalou Ana Pontón

Ana Pontón destacou en Vilalba “o potencial económico da comarca e a necesidade de apostar polo propio”

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, visitou Vilalba para manter unha serie de encontros durante a xornada. En primeiro lugar, Ana Pontón, visitou a empresa Champivil adicada á ao procesado e comercialización de grelos, verzas, cogomelos e estrugas. Ana Pontón estivo acompañada de militantes e simpatizantes do BNG e do actual voceiro do BNG en Vilalba, Félix Jorquera. Durante a visita á empresa vilalbesa, Ana Pontón destacou a importancia da posta en marcha de iniciativas deste tipo que “son capaces de xerar valor engadido con produtos locais mantendo emprego e asentando poboación”.

Visita VilalbaPontón lamentou as políticas do actual goberno da Xunta que “a pesares de que Feijoo manifestou que esta sería a lexislatura do rural, manteñen políticas dirixidas a que a xente emigre ou se traslade a vivir ás grandes cidades con nefastas condicións laborais”. A voceira do BNG sinalou a necesidade de “potenciar as iniciativas empresarias sostibles que son capaces de transformar a produción do sector primario galego para xerar valor engadido, creando postos de traballo e fixando poboación”.

Ana Pontón mantivo tamén unha xuntanza con militantes e cargos do BNG en Vilalba para trazar as liñas de traballo de cara ás vindeiras eleccións municipais de maio de 2019