GALEGAS 2020

Ana Pontón compromete no Carballiño unha aposta polo tren de cercanías capaz de aportar dinamismo económico e social ao concello e comarca

O Carballiño
O Carballiño

“É unha barbaridade que só haxa un tren para ir do Carballiño a Ourense e se queres facer a viaxe de volta tes que espera ao día seguinte”, salientou

O BNG aposta pola creación do GALTREN para xestionar desde Galiza este medio de comunicación e frear o desmantelamento do servizo como pase no Carballiño

Ana Pontón compromete no Carballiño unha aposta polo tren de cercanías capaz de aportar dinamismo económico e social ao concello e comarca
Desde a estación de tren do Carballiño, a candidata á Presidencia, Ana Pontón, denunciou o desmantelamento do servizo ferroviario na vila a na súa comarca, “a que están deixando sen tren”, dentro do proceso de perda de servizos que penaliza ao interior de Galiza tanto por parte do Estado como da Xunta, neste caso penalizando un medio de transporte que non só é vital para darlle dinamismo económico e social aos concellos como o do Carballiño senón que ademais é sustentable.

Por iso, saliento a líder nacionalista, o BNG fai unha aposta decidida polo transporte por tren, cun servizo de cercanías con horarios e prezos acaidos, que permita conectar aos principais concellos coa capital de provincia.

“Temos claro que non podemos permitir que se desmantele o tren e que é unha auténtica barbaridade que hoxe teñamos un concello como O Carballiño no que para ir a Ourense só hai un tren, e que para facer a viaxe de volta teñas que esperar ao día seguinte, un disparate que non é froito da casualidade senón que responde a un plan premeditado para desmantelar os servizos ferroviarios de proximidade”, criticou Pontón.

Por contra, o Bloque presenta un programa de goberno no que fai unha aposta clara polo tren como medio de transporte, capaz de xerar dinamismo económico e social e de vertebrar o territorio, por un concello, unha comarca ben comunicados multiplica as súas oportunidades.

“Defendemos que as vilas e a cidade de Ourense teñen que estar conectadas por ferrocarril, temos vías e temos capacidade suficiente como para manter este servizo que é básico se queremos evitar que o interior de Ourense se siga despoboando, porque estamos ante un círculo vicioso: vaise hai xente porque non hai servizos e cada vez hai menos servizos, argumentou.

Neste sentido, como iniciativa concreta, o BNG ten prevista a creación do GALTREN, un organismo público para a xestión do transporte ferroviario do país como xa teñen outros territorios, capaz de impulsar o transporte por tren“e darlle un valor engadido e máis oportunidades a unha vila como Carballiño e a súa comarca, a través dun medio de comunicación sostible e democrático”, concluíu, na súa visita a este concello xunto coa cabeza de lista por Ourense, Noa Presas, a portavoz municipal, Sofía García, e outros responsables locais.

 

Ana Pontón compromete no Carballiño unha aposta polo tren de cercanías capaz de aportar dinamismo económico e social ao concello e comarca