Ana Pontón compartirá conferencia política co portavoz de ERC no congreso, Joan Tardá, nun acto na USC

Joan Tardá
Joan Tardá
Ana Pontón compartirá conferencia política co portavoz de ERC no congreso, Joan Tardá, nun acto na USC

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, comparte este vindeiro mércores 6 de xuño unha conferencia co portavoz de ERC no Congreso, Joán Tardá, que terá lugar na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela, baixo o título Retos de futuro do soberanismo catalán.

Ademais da coñecida posición do Bloque en relación ás demandas soberanistas de Catalunya, a dirixente do BNG ten destacado estes días o papel xogado polas forzas nacionalistas no triunfo da moción de censura, tanto como actores capaz de dar voz propia as súas nacións sen estado e ás demandas dos seus pobos, como polo feito de actuar no Estado español como un elemento democratizador e progresista, e impulsor da rexeneración que permita superar un réxime do 78 esgotado e fracasado.

A conferencia aberta ao público está prevista ás 18.00 horas no salón de grados da Facultade de Ciencias Políticas da USC.