Ana Pontón asegura que un goberno liderado polo BNG será o mellor aliado de Pontevedra para sacar ENCE da ría

Presentación Pontevedra
Presentación Pontevedra

Recomenda a Feixóo que envíe un CV á pasteira xa que se empeña en poñerse de parte das portas xiratorias e non do sentir da maioría social

“Pontevedra é a proba de que se pode derrotar as políticas regresivas e centralistas do PP e estender o cambio galego a todo o país o 5A”, declara

Bará reivindica o “equipo A, de Ana Pontón” fronte á “política en B” do PP

A portavoz nacional e candidata á Presidencia, Ana Pontón, destacou na presentación da lista por Pontevedra que encabeza Luís Bará que a cidade do Lérez é  “o exemplo de que se poden derrotar as política regresivas e centralistas do PP apostando por un proxecto propio, que confíe no potencial do país. Fixémolo en Pontevedra e o 5A temos a oportunidade de estendelo desde o goberno da Xunta”, declarou.

“Resulta doado falar nesta cidade de cambio galego porque é un exemplo de todo o que iso significa, do que se pode conseguir desde un proxecto político de país, sen estar condicionado por intereses alleos,  con políticas transformadoras capaces de mellorar a vida das persoas, xerando riqueza, dinamismo económico, benestar social e un modelo de urbanismo sustentable referente a nivel internacional”, afondou.

Pontón presumiu de que “Pontevedra é un exemplo do cambio galego e de bo goberno que queremos estender por toda Galiza o 5A”, deixando atrás o tempo de maiorías absolutistas e de sucursalismos.

En relación ás propostas para a cidade, a candidata salientou que “Pontevedra terá nun goberno liderado polo BNG o máis fiel aliado para dar a batalla definitiva que permita sacar ENCE da Ría”, unha declaración de intencións que contrasta co manifestado polo candidato do PP apoiando a ubicación da pasteira.

“Volveu defender a continuidade da prórroga indecente e inmoral do PP, unha vez máis dalle as costas ao maioría social para poñerse do lado das portas xiratorias desta multinacional despois de que en 2009 proclamase o seu compromiso de trasladar ENCE, pero a súa palabra non vale nada”, criticou.

Presentación PontevedraPontón recomendalle a Feixóo “que vaia enviando o seu currículo a ENCE para que o acollan a partir do 5A, porque Galiza precisa unha presidenta que pense no interese do país e non nos intereses dunha multinacional”, recalcou.

A candidata tamén fixo referencia a outras cuestións que inclúen como prioritarias para a cidade: rexeneración do Lérez, novo sistema de depuración, a variante de Alba, e a mellora da rede viaria que conecta Pontevedra cos concellos veciños, acelerar a posta en marcha do novo Montecelo e dotar a cidade de novos equipamentos sociais.

E prioridade a desenvolver unha axenda urbana que aposte por cidades sustentables, a disposición das persoas, recuperación de espazos públicos, cunha xestión ambiental dos recursos e da auga.

Pontón destacou que a candidatura que lidera Luís Bará e ten a Montse Prado de número dous, suma novas voces como Alexandra Fernández, Manuel Lourenzo, Carmela González, Paulo Ríos, “e o resto de compañeiros e compañeiras que forman parte desta candidatura gañadora”.

Tres en un na cidade do Lérez

Pola súa parte, Bará asegurou que o BNG aspira a liderar o cambio que precisa Galiza e sae a gañar con moi boas perspectivas: “temos proxecto, temos persoas, somos o equipo A! como din todos os nosos símbolos, o equipo de Ana Pontón, o equipo de Galiza, o equipo que fai política en A fronte ás políticas en B do Partido Popular, dos sobres en B, das portas xiratorias e tamén das amizades perigosas”, subliñou.

Destacou que o BNG ten un programa de futuro para Galiza e na comarca de Pontevedra síntese reforzado polas súas alcaldías, polos gobernos de cambio que demostran que non só se pode xestionar ben, senón avanzar en positivo. Puxo sobre a mesa o que denominou un ‘tres en un’: derrotar ao PP, un cambio real que permita tomar as decisións por e para Galiza, e poñer na presidencia da Xunta á unha muller feminista e nacionalista.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG